A Willis Tower (coñecida antigamente como Sears Tower) é un rañaceos situado na intersección entre a Admas Street e a Rúa Wacker Oeste da cidade de Chicago, Illinois nos Estados Unidos. A súa altura é de 442 metros, pero acada 527 metros contando coas antenas.
No momento da súa inauguración, foi o rañaceos máis alto do mundo, ata a construción das Torres Petronas de Malaisia en 1998. É tamén o segundo rañaceos máis alto de América do Norte, só superado polo One World Trade Center de Nova York.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web do Chicago Skydeck Emporis.com - Willis Tower SkycraperPage.com – Willis Tower
Categoría:Chicago Categoría:Rañaceos dos Estados Unidos de América