A forza do cariño (en versión orixinal inglesa Terms of Endearment) é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por James L. Brooks que se estreou en 1983. É unha adaptación da novela de Larry McMurtry, e está protagonizada por Shirley MacLaine, Debra Winger, Jack Nicholson, Danny DeVito, Jeff Daniels e John Lithgow. A historia abrangue 30 anos da relación entre Aurora Greenway (MacLaine) e a súa filla Emma (Winger).
O filme recibiu 11 nomeamentos ós Premios Oscar e gañou cinco. Brooks gañou o premio polo mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado, mentres que MacLaine gañou o Oscar á mellor actriz e Nicholson gañou o Oscar ó mellor actor secundario. Ademais, gañou catro Globos de Ouro.
Sinopse Aurora (Shirley MacLaine) e Emma (Debra Winger) son unha nai e unha filla moi unidas, pero con puntos de vista moi distintos sobre a vida. Aurora, que está viúva, é unha muller temperamental pero de bo corazón, e Emma é unha moza rebelde que está desexando saír de casa e independizarse; o malo é que para conseguilo segue o camiño máis convencional: casar. Pola súa parte, Aurora ten un romance cun exastronauta (Jack Nicholson). A través dos anos, nai e filla intentan sempre buscar o mellor xeito de soportarse e atopar a felicidade.
Personaxes Shirley MacLaine como Aurora Greenway Debra Winger como Emma Greenway Horton Jack Nicholson como Garrett Breedlove Danny DeVito como Vernon Dahlart Jeff Daniels como Flap Horton John Lithgow como Sam Burns Lisa Hart Caroll como Patsy Clark Betty R. King como Rosie Dunlop Huckleberry Fox como Ted "Teddy" Horton Troy Bishop como Tom "Tommy" Horton Shane Serwin como Tom "Tommy" Horton de cativo Megan Morris como Melanie Horton Tara Yeakey como Melanie Horton de bebé Edward Johnson como Norman Bennett Jennifer Josey como Emma Greenway de nena Kate Charleson como Janice Tom Wees como Dr. Budge Paul Menzel como Dr. Maise F. William Parker como Doutor
Galardóns e nomeamentos 1983: 5 Oscars: mellor filme, director, actriz (Shirley MacLaine), actor secundario (Jack Nicholson) e guión adaptado. 1983: 4 Globos de Ouro, incluíndo mellor filme - Drama. 6 nomeamentos. 1983: National Board of Review: Mellor filme (ex-aequo). 1983: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme, mellor actriz e mellor actor secundario. 1983: Premios David di Donatello: Mellor actriz estranxeira (Shirley MacLaine).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos James L. Brooks Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Houston, Texas Categoría:Filmes rodados en Nebraska Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes ambientados en Nebraska Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de 1983 con versión en galego