Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910, foi un impresor, xornalista e político galego.

Traxectoria Instalouse en Pontevedra. Foi propietario da imprenta A. Landín (1868-69), que despois se denominou Landín y Compañía (1871) e finalmente A. Landín (1873-1900). No seu obradoiro imprimíronse moitos libros e periódicos como El Payaso, La República Federal (do que foi redactor), El Progreso, El Orden, La Crónica, La República e Extracto de Literatura. Fundou e dirixiu La Luz, El Lérez, El Diario, El Noticiero Gallego e Diario de Pontevedra. Foi un "riestrista" e "monterista" moi destacado. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Pontevedra e vicepresidente da Cámara de Comercio de Pontevedra. Finou en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910.Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 19-2-1910, p. 2.

Vida persoal Casou con Dolores Tobío e foi pai de Prudencio Landín Tobío.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Xornalistas de Meis Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Nados en Meis Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega