Acigné (Egineg en bretón, Aczeinyae en galó) é unha vila francesa do departamento de Ille e Vilaine, na rexión da Bretaña, en Francia.
Historia Existen probas da ocupación da zona dende o -3500. A área foi evanxelizada por Martiño de Tours ou os seus discípulos no século IV.
En 1010, Rivallon, Barón de Vitré, cedeulle o territorio de Acigné ó seu fillo Renaud. A súa dinastía durou ata o século XVI, cando a liñaxe morreu co matrimonio de Judith d'Acigné co marshall de Cossé-Brissac.
Entre os séculos XI e XVIII, parte do territorio da comuna pertenceulle á Abadía de Saint Melaine e Saint Georges en Rennes. En 1234, o castelo foi destruído polo Duque da Bretaña, Pierre Mauclerc, para castigar a Alain d'Acigné por poñerse da parte do rei de Francia (Lois IX) contra el.
Durante a Revolución Francesa, a vila púxose de parte do clero e foi castigada cun saqueo por unha tropa da garda nacional en 1792.Le patrimoine des communes d'Ille et Vilaine cited on the official website.
Demografía
Administración Lista de alcaldes Período Nome Partido 1989-2014 Guy Jouhier PS 2014- Olivier Dehaese PS
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Acigné
Categoría:Concellos do departamento de Ille e Vilaine Categoría:Cidades de Francia