Sh 2-1, tamén coñecida coma Sharpless 1, é unha nebulosa de reflexión da constelación de Scorpius. Amosase coma unha mancha modestamente brillante e é un dos obxectos do catálogo Sharpless máis fáciles de observar. Posúe unha estrela central aparentemente dentro da nebulosidade, pero con todo, non forma parte do seu sistema, a nebulosa nin sequera é un vello remanente desta estrela.

A área nebulosa é moi grande, cunha forma irregular que se amosa coma un arco de 180° ó redor dunha estrela central. A nebulosa ten un diámetro aparente, que abrangue preto de 150' e está a unha distancia estimada de preto de 650 anos luz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas VizieR Query SIMBAD Query

Categoría:Nebulosas de reflexión Categoría:Nebulosas difusas Categoría:Constelación de Scorpius