Constantino de Ardanaz y Undabarrena, nado en Bilbao o 5 de febreiro de 1820 e finado en Santander en 1873, foi un enxeñeiro e político español.
Traxectoria Enxeñeiro de Camiños, iniciou o seu labor profesional aos 23 anos. Dous anos despois foi destinado a Barcelona onde traballou no río Llobregat. En 1857 pasou a dirixir o ferrocarril de Sevilla a Cádiz.
Republicano convencido, durante a lexislatura de 1865 foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo. Tras a Gloriosa ocupou o cargo de Ministro de Facenda entre o 13 de xullo e o 1 de novembro de 1869.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de ministros de Economía e Facenda de España
Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1873