Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023

Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014.Página oficial de la Plataforma de Afectados por la HipotecaAda Colau, activista de profesión, en el periódico.com, 12/2/2013 Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.

Traxectoria Criouse no barrio barcelonés do Guinardó, no seo «dunha familia de clase media durante uns anos, en seguida vida a menos». Filla de pais separados, ten cinco irmáns (tres irmás por parte de súa nai; un irmán e unha irmá por parte de seu pai). Estudou no colexio do barrio, na Academia Febrer e, posteriormente, comezou estudos superiores na Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona, aínda que lle faltan dúas materias para lograr a licenciatura.Perfil Ada Colau - PAH, en el periodico.com Segundo o seu testemuño, comezou a súa traxectoria como activista a principios da década dos 90, durante as protestas contra a Guerra do Golfo. Durante o seu período universitario, estudou un curso en Milán cunha bolsa Erasmus. A principios da década do 2000, desenvolveu unha breve carreira televisiva, actuando na serie Dos + una que emitiu Antena 3El 'papelón' de Ada Colau en Antena 3, El Mundo, 19 de abril de 2013. Paralelamente estivo vinculada ao movemento okupa e participou en diversas mobilizacións, como a que tivo lugar contra o G-8 nos consulados de Francia e Suíza en Barcelona no ano 2003 para protestar pola situación de Martin Shaw, un activista que resultou ferido durante o cumio do G-8 en Évian-les-Bains (Francia).ABC 29/03/2013 Colau manifestou que fai «vida de activista» dende 2001. Vinculada tamén co movemento antiglobalización, en 2003 formou parte do movemento Aturem a guerra, que se mobilizou en contra da segunda guerra de Irak.

Traballou como responsable de Vivenda no Observatori DESC (Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturales) de Barcelona. Ten un fillo, nacido en 2011, coa súa parella, o economista e membro da PAH Adrià Alemany.

É coautora do libro Vidas Hipotecadas, publicado orixinalmente en catalán e editado en castelán en xuño de 2012.

Creación da PAH Logo de participar en 2006 no movemento V de VivendaVidas hipotecadas. Recensión do libro de Ada Colau e no Taller contra la Violencia Inmobiliaria, en 2009 Ada Colau foi unha das organizadoras da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Barcelona, que aglutinou a varios movementos relacionados con esta problemática social, centrándose na débeda hipotecaria e os desafiuzamentos, e reivindicando a dación en pago. A creación, de maneira asemblearia, de distintas plataformas de afectados polas execucións hipotecarias, ante o non pagamento das débedas contraídas polos bancos, estendeuse por toda España. Cando posteriormente os despexes comezaron a se multiplicar, a PAH lanzou, en novembro de 2010, a campaña Stop Desahucios. O Movemento 15M e a plataforma Democracia Real Ya en 2011 axudaron de maneira decisiva a divulgar as reivindicacións das distintas plataformas, ademais de colaborar activamente, moitos dos seus membros na campaña Stop Desahucios.Entrevista a Ada Colau en PAH Vigo-Tui, en VimeoAda Colau no El País Ao largo do 2012, Ada Colau foi adquirindo notoriedade nos medios en España como principal representante e portavoz da PAH.

Iniciativa Lexislativa Popular por unha Vivenda Digna En febreiro de 2013, Ada Colau foi a encargada de presentar en nome da PAH, do Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e doutros movementos sociais, unha Iniciativa lexislativa popular en España no Congreso dos Deputados, para que se elaborase unha nova lexislación en materia hipotecaria.Texto da ILP Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desahucios e de alugamento social A ILP, avalada cun 1 402 845 firmas de cidadáns, contiña unha proposición de lei para a regulación de tres aspectos fundamentais: a dación en pago como fórmula preferente para a extinción da débeda contraída co banco por unha vivenda habitual; a moratoria de todos os desafiuzamentos por execución hipotecaria de vivendas habituais e a ampliación do alugamento social das vivendas en mans dos bancos.Que hai detrás da ILP contra os desahucios?, Gerardo Pisarello e Jaume Asens, Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, entidade promotora da ILP, Público, 12/2/2013

O 5 de febreiro de 2013, Ada Colau defendeu persoalmente as propostas contidas na ILP da PAH ante a Comisión de Economía do Congreso.Ada Colau llama "criminal" y "supuesto experto" a un representante de la banca, La Vanguardia, 5/02/13 Unha semana despois, a ILP, en virtude do voto unánime dos deputados, era admitida a trámite para o seu estudo e eventual debate polos grupos parlamentarios.O PP da marcha atrás e accede a debater a iniciativa popular sobre desahucios, 12/2/2013, El País Tras coñecer a decisión do pleno da Cámara, Colau declarou que a aprobación a trámite da ILP sobre a dación en pago era «unha vitoria cidadá e non de ningún partido».Ada Colau: "É unha vitoria da cidadanía e non dun partido político", La Vanguardia, 12/02/13 Así mesmo reclamou que o contido da ILP non se vira «pervertid[o] ni descafeinad[o]» durante a súa tramitación parlamentaria."Agora queda outra batalla: que non se perverta o descafeíne a ILP durante a súa tramitación", Público, 12/02/13 Nunha entrevista no diario Público Colau manifestou que votar cada catro años é totalmente insuficiente e que os desafiuzamentos son un dos actos máis violentos que existen."Esa chusma non ten que darme leccións de democracia", Público, 6/2/2010

Durante o trámite, o 14 de marzo de 2013, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditaminouSentencia do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo (Sala Primeira), 14 de marzo de 2013, en El País que as leis españolas sobre desafiuzamentos non garantían aos cidadáns unha protección suficiente fronte a cláusulas abusivas nas hipotecas e vulneraba a normativa comunitaria.A normativa comunitaria que vulnera a Lei hipotecaria española é a Directiva 93/13/CEE do Consello, de 5 de abril de 1993. A sentenza do Tribunal Europeo de Luxemburgo se dita en resposta a unha cuestión presentada polo xulgado mercantil de Barcelona, en concreto polo xuíz José María Fernández Seijo, a instancia do avogado Dionisio Moreno, defensor do caso de Mohamed Aziz. Segundo a sentenza, os desafiuzamentos poderán paralizase polo xuíz en cumprimento da normativa comunitaria indicada.El tribunal de la UE otorga poder a los jueces para frenar desahucios, Mónica Ceberio/Luis Doncel, El País, 14 de marzo de 2013O Tribunal de Xustiza europeo considera abusiva a lei española sobre desahucios, 14/3/2013, El PaísA xustiza europea ditamina que a lei española de desahucios vulnera as normas da UE, Público, 14 de marzo de 2013 Para a PAH a sentenza é un respaldo ao contido da Iniciativa Lexislativa Popular, cuxas medidas foran cuestionadas polo seu carácter retroactivo. A luz da doutrina do TXUE a retroactividade non só é unha posibilidade recoñecida na Constitución, senón unha necesidade. Unha necesidade xa que se propón a nulidade das execucións hipotecarias realizadas dende o ano 1993, data da Directiva na que se basea a sentenza para declarar ilegal o procedemento español. No pode sosterse que unha persoa sexa condenada a pagar unha débeda perpetua derivada dun procedemento ilegal.Europa declara ilegal a lei española de desahucios, PAH, 14/3/2013

Finalmente, en nome da PAH, Ada Colau anunciou a retirada simbólica da ILP, despois de que o Partido Popular usase a súa maioría absoluta para aprobar unha lei que, de acordo coa PAH, vulneraba o "espírito" e as "demandas" que tiñan presentado.A PAH toma a decisión simbólica de retirar a ILP pola dación en pago, Eldiario.es, 18 de abril de 2013.

Alcaldesa de Barcelona O 7 de maio de 2014 Ada Colau anunciou que deixaba a portavocía da PAH. Un mes máis tarde, xunto a varias persoas vinculadas aos movementos sociais e veciñais, Colau presentou Guanyem Barcelona, unha plataforma cidadá creada co obxectivo de «construír unha candidatura de confluencia» para as eleccións municipais de 2015 na capital catalá. Tras varios meses de traballo, en febreiro de 2015 presentouse a coalición electoral Barcelona en Comú coa confluencia de Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent, Podem e a plataforma Guanyem. O 15 de marzo de 2015 Ada Colau foi proclamada cabeza de lista de BC, tras un proceso de primarias abertas nas que foi a única candidata.

En maio de 2015, a candidatura de Barcelona en Comú terminou gañando as eleccións municipais, ao ser a forza política máis votada, facéndose con 11 concelleiros dun total de 41. O 13 de xuño de 2015 converteuse, por maioría absoluta, en alcaldesa de Barcelona tras recibir os votos a favor do seu partido e tamén de ERC (5), PSC (4) e un concelleiro da CUP.

Premios 2013 - Premio Dereitos Humanos do Festival de Cine e Dereitos Humanos de Barcelona, entregado a unha persoa ou entidade pola súa difusión e protección dos Dereitos Humanos. 2013 - Premio Defensores de Dereitos Sociais, Ada Colau e Rafael MayoralEntrevista a Rafael Mayoral, O desahucio é un problema colectivo(En Castelán), El País, 6 de xullo de 2011 en representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), pola súa perseverante loita polo dereito recoñecido a unha vivenda digna, pola súa capacidade de mobilización e participación cidadá e polo seu exemplo de solidariedade. Premio outorgado polo medio Periodismo Humano.Ada Colau e a PAH galardoadas polos Premios Defensores de Dereitos outorgados por 'Periodismo Humano', Europa Press, 3/5/2013 2013 - Premio Mujeres en Unión de Unión de Actores.Pilar Bardem entrega a Ada Colau o premio dos actores ‘Mujeres en Unión’, elplural.com, 5/6/2013

Notas

Véxase tamén Bibliografía 2012 - Ada Colau e Adrià Alemany, Vidas Hipotecadas. Prólogo de Gerardo Pisarello e José Coy, Tradución do catalán por Mariano Veloy, Angle Editorial - Cuadrilátero de Libros, 1º edición en castelán, xuño de 2012. ISBN 978-84-940037-3-8. 237 páxs. Descarga. 2013 - Ada Colau e Adrià Alemany, ¡Sí se puede! Crónica de una pequeña gran victoria. Ediciones Destino, Colección Imago Mundi, 19 de abril de 2013, ISBN 978-84-233-4690-5, 96 páxs. 2011 - Ada Colau, ''Cómo parar un desahucio'', Plataforma de Afectados pola Hipoteca PAH, xullo de 2011.

Ligazóns externas Ada Colau en Twitter Entrevista a Ada Colau en Sin Permiso, 18/11/2012.

Categoría:Activistas antiglobalización Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alcaldes de Barcelona