El Eco Ortegano foi un periódico editado en Ortigueira de 1902 a 1913.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 5 de xaneiro de 1902. Fundado por José Antonio Calvo Montero, cunha orientación liberal, o administrador era Ramón Álvarez Fustes, con Federico Maciñeira na redacción. En febreiro de 1905 pasou a dirixilo Dámaso Calvo Moreiras, fillo do fundador. A partir de 1906 o administrador pasou a ser Manuel Cabarcos. Insería informacións dos concellos da comarca, folletíns, crónicas políticas e traballos vinculados cos emigrantes galegos de América.
Tivo unha segunda época que comezou o 15 de xaneiro de 1911. O cambio de orientación política do seu director desencadeou a modificación da súa tendencia liberal por unha postura máis conservadora. Cesou a súa publicación o 26 de outubro de 1913.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Suárez Sandomingo, José Manuel (18/4/2012). "José Antonio Calvo Montero, notario vitalicio de Ortigueira" galiciadigital.com Suárez Sandomingo, José Manuel (11/10/2012). "Dámaso Calvo Moreiras, prestigioso abogado y culto escritor" galiciadigital.com
Categoría:Prensa escrita de Ortigueira Categoría:1902 en Galicia