miniatura|dereita|O radical Manuel Ruiz Zorrilla gañou as eleccións de agosto de 1872.

As eleccións xerais de España de agosto de 1872 tiveron lugar o día 24 de devandito mes e ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as terceiras e últimas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeu I, cando o seu xefe de goberno, Manuel Ruiz Zorrilla, non obtivo maioría suficiente para poder formar goberno.

En total foron elixidos 391 deputados ao Congreso, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Debido ao estalido da Terceira Guerra Carlista, o País Vasco atopábase en estado de insurrección e os carlistas controlaban parte de Aragón, Navarra e a actual Comunidade Valenciana. Así mesmo, os conservadores (que perderan o poder), os republicanos federales intransixentes e os partidarios da Primeira Internacional pediron a abstención.

Os radicais gañaron de novo as eleccións e Ruiz Zorrilla volveu formar goberno. O Presidente do Congreso dos Deputados foi Nicolás María Rivero e o presidente do Senado foi Laureano Figuerola Ballester, ambos radicais. Pero o 11 de febreiro de 1873, Amadeu I abdicou e o Congreso e o Senado, en sesión conxunta, constituíronse en Asemblea Nacional, presidida por Cristino Martos Balbi (ata o 20 de marzo) e despois por Emilio Castelar. Proclamouse a República por 258 votos contra 32, e foi nomeado primeiro presidente Estanislao Figueras, quen convocou novas eleccións para o 10 de maio de 1873.

Composición do Congreso dos Deputados logo das eleccións ← Eleccións xerais en España, 24 de agosto de 1872 → Partido Escanos Líder Partido Radical 274 Manuel Ruiz Zorrilla Partido Republicano Democrático Federal 78 Francesc Pi i Margall Partido Constitucional 14 Práxedes Mateo Sagasta Monárquicos afonsinos 9 Antonio Cánovas del Castillo Carlistas 3 Republicanos unitarios 2 No adscritos 11

Deputados por Galicia miniatura|200px|Eugenio Montero Ríos foi deputado pola Coruña. Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente A Coruña Santiago de Andrés Moreno y García José María de Beranger y Ruiz de Apodaca Juan de Dios Bernuy Jiménez de Coca Mariscal de Alcalá del Valle Domingo Caramés y García Melchor Domenech y Domenech Enrique Fernández Alsina José Fociños de Valenzuela Eduardo Gasset y Artime Eugenio Montero Ríos Julián Obaya y Lloreda Ramón Pérez Costales Gaspar Rodríguez y Rodríguez Antonio Romero Ortiz Melchor Sangro y Rueda Victoriano Suances Campo Prudencio Urcullu

Lugo Constantino Ardanaz Undabarrena Rafael Coronel y Ortiz Antonio Ferreiro y Hermida José Guitián García Manuel López de Silva Román Otero Pillado Juan María Quiroga y Gómez de Orbán Augusto Ulloa y Castañón Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares Ricardo Decoroso Vázquez Gómez Rafael Yagüe

Ourense Julio Astray Álvarez Caneda Ricardo Bartolomé Santamaría Juan de Callejón y Villegas Fortunato Caña y Gamero Castor Diéguez Amoeiro Aurelio Enríquez González Ulpiano González de Olañeta y González de Ocampo Alejandro González Olivares Antuñano Tomás María Mosquera García Nicolás Soto Rodríguez

Pontevedra Antonio Aguiar Monserrat Saturnino Álvarez Bugallal Jorge Arellano Augusto Comas y Arqués Raimundo Fernández Villaverde y García Rivero Laureano Figuerola Ballester Valentín García Escudero Pedro González Gutiérrez Severino Martínez Barcia Francisco Pereira García Marcos Sanz Constantino Vázquez Rojo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amadeu I de España Primeira República Española Estanislao Figueras

Ligazóns externas Resultados das eleccións de 1872. Deputados elixidos, no histórico do Congreso dos Deputados.

Categoría:1872 1872 08