miniatura|300px|Vista da herdade desde o río.
Mount Vernon é unha herdade privada na que viviu durante un tempo George Washington ata a súa morte en 1799, e alí é onde se atopa a súa tumba. Hoxe en día o lugar pertence ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.
Está situada preto de Alexandria, no condado de Fairfax (Virxinia). Á outra beira do río Potomac está o condado de Prince George (Maryland).
Nome miniatura|300px|Sepulcro de George e Martha Washington en Mount Vernon.
Cando os antepasados de George Washington adquiriron a leira, era coñecida como plantación de Little Hunting Creek segundo o próximo río Little Hunting Creek.Frank Grizzard, George!: A Guide to All Things Washington, Mariner Companies, 2005 Ao herdar o seu medio irmán máis vello Lawrence Washington a leira, cambiou o nome a Mount Vernon en honor do vicealmirante Edward Vernon, famoso pola Guerra do Asento e a captura de Portobelo (provincia de Colón, Panamá), a quen admiraba moito.Universidad de Virginia: The Papers of George Washington . Vernon foi o oficial comandante de Lawrence na Mariña Real británica e cando George Washington herdou a propiedade conservou o nome.
Notas
Véxase tamén Outros artigos George Washington Lawrence Washington Edward Vernon Ligazóns externas
Sitio web de Mount Vernon
Categoría:Virxinia Categoría:Historia dos Estados Unidos de América