Jerónimo Salmerón Tristante, nado en Murcia o 20 de maio de 1969, es un escritor español.

Traxectoria Estudou Bioloxía na Universidade de Murcia, e dá clases de Bioloxía e Xeoloxía de educación secundariaBiografía na web da axencia AMV ..

Obra Trala publicación do libro de poemas Amanece en verde, en 2001 publicou a súa primeira novela, Crónica de Jufré, publicada co seu nome completo. A segunda publicouna como como Jero Salmerón, e o resto xa como Jerónimo Tristante. Escribe novelas de misterio e aventuras, caracterizadas pola rigorosa documentación histórica, reflectida na ambientación de situacións e personaxes.

Crónica de Jufré (2003). Ambientada no século XIII. El rojo en el azul (2005). Ambientada na guerra civil española e a segunda guerra mundial, desenvolve unha historia de aventuras e espionaxe. El misterio de la casa Aranda (2008). Primeira entrega da saga protagonizada polo policía Víctor Ros, ambientada en Madrid a finais do século XIX. El caso de la viuda negra (2008). Segunda entrega da serie de Víctor Ros. El tesoro de los nazareos (2009). Ambientada no século XII, arredor da Orde do Temple. 1969 (2009). Novela de xénero negro, ambientada no tardofranquismo español. El enigma de la calle Calabria (2010). Terceira entrega da saga de Víctor Ros, ambientada en Barcelona. El Valle de las Sombras (2011). Novela ambientada na posguerra española, na construción do Valle de los Caídos. Océanos de tiempo (2012). Ambientada en Madrid a finais do século XIX. La última noche de Victor Ros (2013). Cuarta entrega da serie de Víctor Ros.

Algúns dos casos do detective Víctor Ros foron adaptados na serie de televisión de TVE Víctor Ros.

Notas

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Rexión de Murcia Categoría:Nados en Murcia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades sen imaxes