Fernando Arteaga Alzaga, nado en Abadiño (Biscaia) o 27 de febreiro de 1960, é un exfutbolista vasco, que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Traxectoria Comezou a xogar no Cultural Durango, pasando con 20 anos ao Bilbao Athletic. Ao segundo ano en Lezama debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, porén non chegou a debutar en Primeira División. Ao ano seguinte xogou no Cartagena FC, da Segunda División, coincidindo co servizo militar obrigatorio. División na que tamén xogou no filial bilbaíno un ano despois.

A comezos da tempada 1984/85 ficha polo Celta de Vigo que buscaba o ascenso a Primeira División, obxectivo que conseguiu o equipo. Estivo no Celta un total de catro tempadas, ao final das cales fichou polo Real Burgos de Segunda División.

Finalmente retirouse xogando no Mérida UD na Segunda División B.

Categoría:Nados en Abadiño Categoría:Nados en 1960 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Burgos Categoría:Xogadores do Mérida UD Categoría:Personalidades sen imaxes