A arquidiocese de Esmirna (en latín: Archidioecesis Smyrnensis) é unha sé metropolitana católica latina en Turquía. En 2006 tiña xurisdición sobre arredor 1.950 bautizados. O seu arcebispo actual é o franciscano Martin Kmetec.
Historia O cristianismo foi predicado aos habitantes de Esmirna moi cedo, e xa no ano 93 existía unha comunidade cristiá guiada por un bispo para quen o apóstolo Xoán tiña palabras de eloxio.Ap 1, 11 e Ap 2, 8-11. Consérvanse dúas cartas escritas no século II por san Ignacio de Antioquía aos cristiáns de Esmirna e ao seu bispo Policarpo.
A antiga sé (non latina), inicialmente sufragánea da arquidiocese de Éfeso, arredor do século IX foi elevada ao rango de sé metropolitana, con cinco dioceses sufragáneas: Focea, Magnesia ad Sypilum, Clazomenae, Arcangelo e Petra.
Na época das Cruzadas, en 1318 foi elixido bispo de Esmirna Guillaume Adam, dominico francés que volvía dunha misión en Persia.
A sé latina de Esmirna foi erixida canonicamente polo papa Clemente VI en 1346, e tivo unha serie ininterrompida de arcebispos titulares até o século XVII. Isto foi o principio da vigairía apostólica de Asia Menor ou de Esmirna.
En 1625 os católicos de Esmirna non superaban os 65 fieis, e a antiga catedral, dedicada a San Policarpo, fora transformada en mesquita polos Turcos. Unha nova catedral, dedicada á Virxe, foi construída polos venecianos.
A arquidiocese, dende 1659 vigairía apostólica, foi restabelecida polo papa Pío VII o 18 de marzo de 1818 coa bula Apostolatus officium. A sé non ten ninguna sufragánea.
O 20 de agosto de 1931 cedeu a illa de Lesbos á diocese de Quíos.
Territorio A arquidiocese abrangue as seguintes provincias de Turquía: Esmirna, Manisa, Kütahya, Uşak, Aydın, Denizli, Muğla, Afyonkarahisar, Isparta, Burdur, Adalia e Konya. O territorio está dividido en 10 parroquias.
A sé arcebispal é a cidade de Esmirna, onde se atopa a catedral de San Xoán. No territorio da arquidiocese está a antiga cidade de Éfeso, e nela a Casa da Virxe María, a poucos quilómetros da cidade de Selçuk. Outro lugar de peregrinación son o bosque de san Xoán, unha igrexa que leva o seu nome, e a prisión onde foi confinado san Paulo.
Episcopoloxio Vigairos apostólicos de Asia Menor e Arcebispos de Esmirna Os vigairos apostólicos de Asia Menor, co título de "arcebispos de Esmirna" (sé titular) foron os seguintes: Pietro de Marchi (Demarchis, de Marchis) (19 de febreiro de 1625 - 13 de xullo de 1648, finado) Giacinto Subiani (13 de xullo de 1648 - 5 de marzo de 1652, nomeado vigairo apostólico de Costantinopla) Sé vacante (1653 - 1659) Leone Macripodari (5 de abril de 1659 - 1689, renuncia) Antonio Giustiniani (13 de xaneiro de 1690 - 8 de febreiro de 1694, nomeado bispo de Siros) Sé vacante (1694 - 1696) Daniele Duranti (1696 - 1706, administrador apostólico) Nicola de Camillis (12 de maio de 1706 - 7 de maio de 1710, nomeado bispo de Siros) Daniele Duranti (1710 - 1713, administrador apostólico) Davide di San Carlo (David Daud) (23 de novembro de 1713 - 18 de abril de 1715, finado) Filippo Bavestrelli (9 de agosto de 1715 - 30 de setembro de 1720, nomeado bispo de Quíos) Pietro Battista Mauri (9 de abril de 1718 - 15 de xuño de 1720, nomeado arcebispo titular de Cartago) Pietro Francesco Lombardi (30 de agosto de 1720 - 5 de xullo de 1721, nomeado bispo titular de Talia) Antonio Maturi (15 de abril de 1722 - 21 de maio de 1731, nomeado bispo de Siros) Dario de Longhis (2 de setembro de 1730 - 25 de maio de 1735, nomeado bispo de Siros) Gerolamo di Peraino (5 de febreiro de 1735 - 1747, renuncia) Giovanni Battista Bavestrelli (12 de maio de 1747 - 16 de setembro de 1754, nomeado bispo de Quíos) Eusebio Franzosini (20 de decembro de 1754 - 1763, renuncia) Domenico di Valdagno (26 de agosto de 1763 - 1779, renuncia) Pietro Graveri di Moretta (23 de decembro de 1779 - 17 de agosto de 1781, renuncia) Giulio Maria Pecori (18 de agosto de 1781 - 23 de setembro de 1788, nomeado bispo titular de Arad) Pasquale Orlandini (16 de abril de 1790 - 26 de xuño de 1817, finado) Luigi Maria Cardelli (26 de xuño de 1817 - 1818, sé elevada a arquidiocese) Arcebispos de Esmirna Dende o restabelecemento da arquidiocese, os arcebispos teñen sido os seguintes:Datos do Annuario Pontificio, en Catholic-Hierarchy.org Luigi Maria Cardelli (18 de marzo de 1818 - 29 de agosto de 1832, renuncia) Pierre-Dominique-Marcellin Bonamie (13 de febreiro de 1835 - 24 de novembro de 1837, nomeado arcebispo titular de Calcedonia) Antonio Mussabini (6 de marzo de 1838 - 4 de maio de 1861, finado) Vincenzo Spaccapietra (8 de abril de 1862 - 25 de novembro de 1878, finado) Andrea Policarpo Timoni (13 de maio de 1879 - 25 de xullo de 1904, finado) Domenico Raffaele Francesco Marengo (25 de xullo de 1904 - 12 de maio de 1909, finado) Giovanni Antonio Zucchetti (22 de decembro de 1909 - 26 de xaneiro de 1920, retirado) Giovanni Battista Federico Vallega (26 de xaneiro de 1921 - 1 de marzo de 1929, renuncia) Edoardo Tonna (26 de novembro de 1929 - 3 de decembro de 1937, renuncia) Joseph Emmanuel Descuffi (3 de decembro de 1937 - 4 de novembro de 1965, retirado) Alfred Cuthbert Gumbinger (4 de novembro de 1965 - 31 de agosto de 1966, finado) Giovanni Enrico Boccella (9 de setembro de 1967 - 7 de decembro de 1978, renuncia) Dominikos Kalogeras (7 de decembro de 1978 - 22 de xaneiro de 1983, renuncia) Giuseppe Germano Bernardini (22 de xaneiro de 1983 - 11 de outubro de 2004, retirado) Ruggero Franceschini (11 de outubro de 2004 - 7 de novembro de 2015, retirado) Lorenzo Piretto (7 de novembro de 2015 - 8 de decembro de 2020, retirado) Martin Kmetec, O.F.M. (dende o 8 de decembro de 2020)
Notas
Esmirna Esmirna