Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez, nado o 8 de setembro de 1964 en Montevideo (Uruguai) é un exfutbolista uruguaio que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Fillo de emigrante galego con catorce anos volveu a Galicia, onde se formou e desenvolveu a súa carreira futbolística.
En 1989 fichou polo Deportivo da Coruña, na Segunda División. Foi titular habitual na súa primeira tempada, mentres que a segunda, a tempada do ascenso, pasouna en branco despois de romper a tibia contra o Bayern de Múnic no Teresa Herrera. Na 1991/92 disputou só sete partidos de liga en Primeira, ademais doutros seis na Copa do Rei.
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gondomar CF Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades sen imaxes