Antón é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés, co asturiano e co castelán. Provén do do latín Antonius, interpretado como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. En galego tamén ten a variante Antonio e os hipocorísticos Antucho, Toneco, Tonecho, Tocho, Totono, Toniño, Ton, Tono, Toño, Tucho e Chuco.

En xaneiro de 2023 existían 3.066 varóns en Galicia co nome Antón, cunha media de idade de 16,3 anos,Nome Antón na Web do Instituto Galego de Estatística e 29.867 co nome Antonio, cunha media de idade de 63,2 anos.Nome Antonio na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.

O nome en Galiza O nome documentado tradicionalmente en Galiza é Antón; xa Frei Martín Sarmiento no século XVIII falaba do prenome: Anton de Domayo. Uno de los 12 segadores. Antón de “Antonius”. Hay San Antonio de Padua y San Antonio Abad, casi mil años anterior. Este santo abad se entiende cuando uno se llama Antón. Y entre los rústicos se llama también Antón, aunque uno tenga el nombre de San Antonio de Padua.Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970) En galego antigo grafábase como Anton, Antõ ou Antom, e de aí pasou ao galego moderno coma Antón/Antonio.

Varias parroquias levan o nome de Santo Antón e Santo Antonio como haxiotopónimo e, ademais, Santo Antón é o padroeiro de moitas parroquias.

Santoral Principalmente: 17 de xaneiro, Antón Abade. 13 de xuño, Antonio de Padua.

Outras datas: 9 de xaneiro 17 de xaneiro 1 de febreiro 5 de febreiro 12 de febreiro 29 de abril 7 de xuño 13 de xuño 16 de xuño 5 de xullo 23 de xullo 23 de agosto 28 de setembro 19 de outubro 24 de outubro 23 de decembro (véxase Santo Antón e Santo Antonio)

Refráns

O Santo Antón verdadeiro é o dazasete de xaneiro. Por Santo Antón, xa a galiña pon.Juan Antonio Saco y Arce: Literatura popular de Galicia, 1881. Ed. De J. L. Saco, Ourense.. Santo Antón vello e tristeiro, convida ás rapazas ao rezadeiro.Eladio Rodríguez González..

Persoas Santos Antón Abade, ou Antón do Deserto, eremita exipcio da Idade Antiga, fundador do monasticismo cristán, patrón dos animais. Santo da Igrexa Católica que se celebra o 17 de xaneiro. Antonio de Padua, ou Antonio de Lisboa, relixioso portugués do século XIII, santo da Igrexa Católica que se celebra o 13 de xuño.

Variantes noutras linguas

Lingua alemá: Anton Lingua árabe: Tanios Lingua aragonesa: Antón, Antoni, AntonioEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Lingua asturiana: Antón Lingua búlgara: Anton Lingua castelá: Antonio (diminutivo: Toño, Toni) Lingua catalá: Antoni Lingua checa: Totono Lingua croata: Antun, Anton, (diminutivos: Toni, Tonči, Tonček, Tuna) Lingua dinamarquesa: Anton Lingua eslovena: Anton Lingua estoniana: Anton Lingua éuscara: Andoni, Antxon Lingua finesa: Tonik Lingua francesa: Antoine Lingua galega: Antón Lingua grega: Antonaki (diminutivos: Nanaqui, Naki) Lingua húngara: Antal Lingua inglesa: Anthony, Antony (diminutivo: Tony) Lingua italiana: Antonio Lingua latina: Antonius Lingua lituana: Antanas Lingua macedonia: Anton Lingua mirandesa: Anton Lingua neerlandesa: Antonie, Anthonie, Antoon, Anton, Anthonis, Antheunis, Toon, Ton, Teunis, Tony, Tonnie Lingua norueguesa : Tonik, Anton Lingua portuguesa: Antão, António (Portugal), Antônio (Brasil) Lingua romanesa: Anton Lingua rusa: Антон (Anton) Lingua siciliana: Antonino, Antonina (feminino) Lingua sueca: Anton Lingua turca: Antümi Lingua ucraína: Антон (Anton)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Bibliografía

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns

Santo Antuíño Antonino

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos asturianos Categoría:Nomes masculinos casteláns