A Muralla de Antonino (tamén chamada Muro Antonino ou Muro de Antonino) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erixida por Quinto Lolio Urbico, gobernador de Britania, por mandato do emperador romano Antonino Pío entre os anos 140-142,Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society. p. 7. a uns 160 km ó norte da súa antecesora, a muralla de Hadrián. Estendíase durante 58 quilómetros dende o estuario de Forth, na costa oriental da illa sobre o mar do Norte, ata o golfo de Clyde, na costa occidental sobre o mar de Irlanda, ó longo da liña dos antigos fortes construídos por Cneo Xulio Agrícola. Foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade en 2008Inscricións do 2008 como parte das "Fronteiras do Imperio Romano".
250px|esquerda|miniatura|Resto dun forte romano do Muro Antonino en Barr Hill. O motivo da creación desta fronteira fortificado foi adiantar as posicións defensivas romanas, ó considerar que a provincia de Britania era xa segura, para así garantir a súa defensa, e de paso someter ás tribos hostís que vivían entre ambas murallas, nas terras altas da Caledonia meridional. Estas tribos dos pictos constituían unha importante ameaza pola súa hostilidade, ante o cal as súas terras foron asoladas e un gran número dos seus habitantes apreixados e deportados a Xermania.
A muralla non era tan sólida como a de Hadrián xa que estaba formada por un muro de turba e tierra esmagada no canto de pedra, aínda que tiña un foxo maior ca a primeira e contaba ademais con 19 fortes e un sendeiro militar na súa parte meridional. Porén, a fortificación abandonouse trala morte do emperador Antonino Pío, cara ao 162, volvendo progresivamente as tribos do norte a baixar. Á morte do emperador Cómodo, posiblemente no ano 196 ou 197, cando o gobernador Clodio Albino retirou gran parte da súa gornición ó proclamarse emperador e desprazarse a Lugdunum (a actual Lión), as tribos do norte protagonizaron un grande ataque sobre as fronteiras romanas na illa, o que levou en 208 ó emperador Septimio Severo a restablecer lexións na muralla de Antonino, ordenando reparalo.
Notas
Categoría:Historia do Reino Unido Categoría:Patrimonio da Humanidade no Reino Unido Categoría:Murallas romanas