O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de , celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 5 de marzo de 1977. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de . Foi o 23º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira é lembrada principalmente polo accidente mortal que cobrou a vida do comisario de pista Frederick Jansen Van Vuuren e do piloto Tom Pryce. Tamén foi a derradeira carreira de Carlos Pace, que morreu nun accidente de aeronave menos de dúas semanas despois.
Resumo da carreira James Hunt continuou a súa racha de poles, con Carlos Pace á beira e Niki Lauda terceiro. Hunt liderou na saída, con Lauda e Jody Scheckter detrás logo de que Pace tivera problemas. Esta orde mantívose ata a sétima volta cando Lauda tomou o liderado ata o final da carreira, Scheckter tomou a segunda posición logo de pasar a Hunt 11 voltas máis tarde.
Durante a volta 21, dous comisarios entraron na pista logo de que o Shadow de Renzo Zorzi sufrira un fallo no motor. O segundo comisario, Fredrik Jansen Van Vuuren, foi golpeado polo coche de Tom Pryce e morreu no acto. O extintor de incendios que sostiña voou das súas mans e golpeou a Pryce na cara, causándolle a morte e estando a piques de decapitalo.
A pesar do accidente a carreira continuou. Lauda logrou a súa primeira vitoria desde o seu terrible accidente do ano anterior. O surafricano Scheckter foi segundo, e o seis rodas de Patrick Depailler foi terceiro logo de pasar a Hunt nas últimas voltas.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Niki Lauda Ferrari 78 1:42:21.6 3 9 2 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 78 +5.2 5 6 3 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 78 +5.7 4 4 4 1 James Hunt McLaren-Ford 78 +9.5 1 3 5 2 Jochen Mass McLaren-Ford 78 +19.9 12 2 6 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 78 +20.2 11 1 7 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 78 +23.6 14 8 12 Carlos Reutemann Ferrari 78 +26.7 8 9 22 Clay Regazzoni Ensign-Ford 78 +46.2 16 10 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 78 +1:11.7 9 11 18 Hans Binder Surtees-Ford 77 +1 volta 19 12 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 77 +1 voltas 10 13 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 76 +2 voltas 2 14 30 Brett Lunger March-Ford 76 +2 voltas 23 15 14 Larry Perkins BRM 73 +5 voltas 22 Ret 9 Alex Ribeiro March-Ford 66 Motor 17 Ret 10 Hans Joachim Stuck March-Ford 55 Motor 18 Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 43 Accidente 6 Ret 33 Boy Hayje March-Ford 33 Caixa de cambios 21 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 22 Accidente 12 Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 22 Accidente mortal 15 Ret 17 Renzo Zorzi Shadow-Ford 21 Fuga combustible 20 Ret 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 5 Sistema combustible 7
Accidente Na volta 22, o Shadow do piloto italiano Renzo Zorzi retirouse da carreira cun fallo no motor e saíu fóra da pista polo lado esquerdo. Momentos despois de que o coche detívose nunha cima cega, o motor incendiouse. Dous comisarios correron pola pista con extintores para apagar o lume xa que a carreira continuaba. Nese mesmo momento, Pryce, no outro Shadow, e Hans-Joachim Stuck, que pilotaba un March-Ford, coroaron a subida. Stuck esquivounos dando un volantazo, pasando moi preto do primeiro comisario, pero Pryce, que marchaba detrás do alemán non os veu, non tivo tempo de reaccionar antes de golpear o segundo comisario, Frederick Jansen Van Vuuren, quen morreu no acto.
No momento do impacto do coche co comisario, o extintor de incendios que levaba Jansen van Vuuren saíu voando e estrelouse contra a cabeza de Pryce, rompendo o ríxido casco do piloto. O impacto arrincou os restos do casco de protección de Pryce e fixo que a correa do queixo case decapitara ao piloto. O Shadow continuou correndo pola recta principal a toda velocidade con Pryce aínda sentado detrás do volante. O coche finalmente saíu da pista na primeira curva deixando ao Ligier de Jacques Laffite fóra da carreira no proceso. Todo o incidente foi filmado por un equipo de televisión que cubría a carreira.Formula 1: List of Deaths 11 May 2009. Accessed 2009-05-11. 2009-05-13.
As lesións de Jansen Van Vuuren foron tan graves que, o seu corpo non foi identificado ata que o director da carreira convocou a todos os comisarios de carreira e viu que Van Vuuren non estaba entre eles.
O feito incluíuse na película de carreiras de motor Rápido e mortal.
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Jody Scheckter 15 2 Carlos Reutemann 13 3 Niki Lauda 13 4 James Hunt 9 5 Carlos Pace 6
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 22 2 Wolf-Ford 15 3 McLaren-Ford 9 4 Brabham-Alfa Romeo 7 5 Fittipaldi-Ford 6
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sudafrica Categoría:Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1