Servando Fernández-Victorio Arenas, nado en Galdo (Viveiro) en 1834 e finado en Barcelona o 20 de agosto de 1907, foi un avogado, xuíz e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid en 1858. Foi avogado en Viveiro, xuíz de Vilamartín de Valdeorras, Xinzo de Limia e Barcelona e instruíu inicialmente a causa polo asasinato do xeneral Prim. Despois foi maxistrado da Audiencia de Cáceres. Foi elixido deputado polo distrito de Lalín nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1873.El Eco de Galicia, 22-2-1893, p. 1. Na Restauración foi candidato a deputado polo distrito de Viveiro en 1893 pero non foi elixido,Gaceta de Galicia, 4-3-1893, p. 2. tiña como portavoz o periódico El Baluarte de Galicia. Foi presidente da Audiencia de Manila (1890), e despois de Oviedo e Barcelona. Finou en San Gervasio (Barcelona) o 20 de agosto de 1907.La Correspondencia de España, 26-8-1907, p. 6.

Recoñecementos

Cabaleiro da Real Orde de Isabel a Católica, 1870. Vida persoal

Casou aos 25 anos con Acacia Cociña, filla de Vicente Manuel Cociña Vizoso,El Regional, 15-7-1900, p. 2. e foi pai de María de los Dolores, Nicolás, Francisco, Antonio, Augusto, Concepción e Servando Fernández-Victorio Cociña. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A. Lage-Seara. "De Viveiro a Filipinas, un pueblo clave en la conquista del Pacífico". Mundiario.

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1907