Fernando Soldevilla Ruiz, nado en Escalona de Alberche (Toledo) o 30 de maio de 1854 e finado en Madrid o 5 de abril de 1931Noticia en La Libertad, 7-4-1931, p. 2., foi un escritor e político español.

Traxectoria Alto funcionario dos ministerios de Gobernación e Traballo. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá en 1893. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Lugo en 1910. Foi gobernador civil de Xirona e A Coruña (1901). Empezou como xornalista en La Linterna, foi redactor de El Día, El Imparcial e La Correspondencia de España e colaborou en La Voz e La Esfera. Entre 1895 e 1928 publicou El año político, unha serie de volumes anuais que recollen os acontecementos políticos, sociais, militares e económicos de España.

Obras Matrimonios y amoríos de Alfonso XI. Opúsculo histórico, 1879. Historias de otras edades. Tradiciones en prosa, 1883. Joyas de la Literatura Española. Con artículos biográficos y bibliográficos, 1885. Verdades y mentiras... Poesías, 1887. La opinión en Cataluña, 1900. Las Cortes de Cádiz. Orígenes de la Revolución Española, 1910. Tres revoluciones. Apuntes y notas. Las Juntas de Defensa. La Asamblea parlamentaria. La huelga general, 1917.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Xirona Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Gobernadores civís de Segovia Categoría:Xornalistas de Castela-A Mancha