miniatura|250px|Túmulo funerario dos reis Silla en Corea. Un túmulo é o nome que recibe unha morea de terra e pedras sobre unha tumba ou varias, e que se remonta á época das Idades de Pedra, de Bronce e de Ferro. En Galicia atopamos restos de túmulos en todo o territorio.

Orixinariamente consistía nunha morea de rochas que recubrían directamente o corpo, mais a súa estrutura foi modificada e estes soterramentos foron cubertos por terra até formar verdadeiras montañas artificiais, ao longo dos séculos, e medrando en tamaño até chegar a se converter en cámaras funerarias nas que repousaban tanto o guerreiro morto como as súas armas e as súas principais pertenzas. En ocasións acollían o soterramento de numerosos individuos. A aparición dos túmulos está habitualmente relacionada cunha forma de reivindicación de dereitos sobre as terras nas que se situaban. Canto menos visíbeis desde o lonxe eran os asentamentos, máis visíbeis se facían os túmulos, a xeito de indicadores de que o territorio estaba ocupado. dereita|miniatura|240px|Túmulo etrusco de cámara na cidade de Blera. Clasificación pola súa forma miniatura|dereita|240px|Túmulos (barrow): en campá (bell), disco (disc) e cunca (bowl). Adóitanse distinguir pola súa forma e reciben os nomes a seguir: alongado; en campá; en disco; en cunca; en lomba. Véxase tamén

Outros artigos Mámoa Arquitectura prehistórica Cairn Outeiro primixenio Cultura dos Túmulos Dolmen Menhir Crómlech Megalitismo Pirámide

Categoría:Megalitismo Categoría:Relixión indoeuropea