Jorge Larena-Avellaneda Roig, nado o 29 de setembro de 1981 nas Palmas de Gran Canaria é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista ofensivo.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do UD Las Palmas, debutando no primeiro equipo no ano 1999 en Segunda División e facéndose coa titularidade ao ano seguinte, xa na máxima categoría.

De cara á tempada 2002/03 fichou polo Atlético de Madrid, aínda que contou con minutos nunca chegou a asentarse no equipo titular, polo que foi traspasado ao Celta de Vigo no verán de 2005. O equipo vigués clasificouse esa tempada para disputar a Copa da UEFA pero Larena non contou con moito protagonismo.

Co descenso do equipo en 2007 e a venda de moitas das estrelas do equipo a importancia relativa de Larena no equipo aumentou, facendo moi boa tempada aínda que o equipo finalmente non conseguiu ascender. Este fracaso fixo que o Celta se tivera que desfacer dos xogadores con fichas máis altas, entre eles Jorge Larena, así no verán de 2008 fichou polo seu club de orixe, o UD Las Palmas.

No verán de 2011 rescinde o contrato que o unía ao UD quedando sen equipo nese momento, polo que adestraría co UD Vecindario para manter o estado de forma. O 31 de xaneiro de 2012 fichou polo SD Huesca e de aí sería traspasado ao Recreativo de Huelva.

Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1981 Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas B Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva