Sebastián Gabriel Tamas, nado o 9 de novembro de 1983 en Brașov, Romanía, é un futbolista que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou xogando nos equipos da súa cidade, o FC Brașov e o Tractorul Brașov, de onde pasou ao FC Dinamo București, un dos grandes equipos de Romanía. O seu bo papel neste equipo fai que en 2003 saia traspasado ao Galatasaray SK turco e ao pouco tempo ao FC Spartak Moscova. No equipo ruso non chegou a adaptarse polo que en 2004 foi cedido de novo ao Dinamo București e en 2006 ao Celta de Vigo, por aquel entón disputando a Copa da UEFA.
O Celta xogaba competición europea pero en liga rematou a tempada descendendo a Segunda División, e Tamas nunca chegou a asentarse no once titular polo que o club non exerceu a opción de compra e no verán de 2007 asinou polo AJ Auxerre francés.
Posteriormente xogou cedido outra vez no Dinamo București e no West Bromwich Albion FC, equipo que se faría cos seus servizos. No ano 2013 firmou polo CFR Cluj pero non remataría a tempada e o club rescindirialle o contrato por un escándalo nocturno do xogador.
Coa selección Debutou coa Selección de fútbol de Romanía o 12 de febreiro de 2003 ante Eslovenia. Disputou co combiando nacional a Eurocopa Autria/Suíza 2008, onde xogou tódolos encontros que disputou a súa selección.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en Brașov Categoría:Nados en 1983 Categoría:Futbolistas de Romanía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Brașov Categoría:Xogadores do Tractorul Brașov Categoría:Xogadores do FC Dinamo București Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do AJ Auxerre Categoría:Xogadores do West Bromwich Albion FC Categoría:Xogadores do CFR Cluj Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Romanía