miniatura|200px|O coruñés Eduardo Dato foi elixido presidente do Consello de Ministros. As eleccións xerais de España de 1914 celebráronse o 8 de marzo, meses antes da primeira guerra mundial, na que España se declararía neutral, baixo sufraxio universal masculino para a elección de 409 deputados, e a forza máis votada foi a coalición das dúas faccións do Partido Conservador, dirixido por Eduardo Dato mentres as dúas faccións do Partido Liberal quedaron bastante lonxe. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e mais o Partido Socialista Obrero Español. Os Radicais de Lerroux e a Unión Federal Nacionalista Republicana ían en coalición electoral, tras do Pacto de Sant Gervasi, aínda que en Cataluña non conseguiron desbancar a hexemonía da Lliga Regionalista.
Foi elixido presidente do Congreso o conservador Augusto González Besada e presidente do Senado Marcelo Azcárraga, falecido en 1915 e substituído por Joaquín Sánchez de Toca Calvo. O xefe de goberno foi Eduardo Dato, pero o 9 de decembro de 1915 dimitiu por diferenzas internas no partido e cedeu o goberno ao conde de Romanones, quen convocaría novas eleccións o 6 de abril de 1916. Durante esta lexislatura constituíuse a Mancomunidade de Cataluña, presidida por Enric Prat de la Riba.
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións Xerais en España, 8 de marzo de 1914 → Partido Escanos Líder Conservadores 193 Eduardo Dato e Iradier Partido Liberal 84 Conde de Romanones Partido Liberal-Demócratas 38 Manuel García Prieto Conservadores (mauristas) 22 Antonio Maura Lliga Regionalista 13 Francesc Cambó Coalición Unión Federal Nacionalista Republicana-Partido Radical 11 Alejandro Lerroux Partido Reformista 11 Melquíades ÁlvarezConxunción Republicano-Socialista 10 Roberto Castrovido Sanz Coalición Comunión Tradicionalista-Integrista 7 Enrique de Aguilera y Gamboa Conservadores (ciervistas) 5 Juan de la Cierva y Peñafiel Católicos independentes 5 Joaquín de Arteaga Partido Republicano Democrático Federal 1 Joaquín Pi y Arsuaga Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) 1 Félix Azzati Descalci Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià Independentes 5 Sen clasificar 1 TOTAL 408
Resultados en Galicia página=471|miniatura|200px|Augusto González Besada. A Coruña Federico de Amores y Ayala Juan Armada Losada Pedro Calderón de la Barca Ceruelo Joaquín Calderón Ozores José Cavalcanti de Albuquerque y Padierna Joaquín Chapaprieta Torregrosa Eduardo Gasset y Chinchilla Alonso Gullón y García Prieto Pedro de Miranda y de Carcer Eugenio Montero y Villegas José del Moral Sanjurjo José María Ozores de Prado Fernando Pla y Peñalver Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas Alfredo Vicenti Rey Julio Wais Sanmartín
Lugo Ramón Bustelo y González Joaquín Caro del Arroyo Javier García de Leaniz y Arias de Quiroga Augusto González Besada y Mein Andrés Avelino de Montero y Villegas Guillermo Joaquín de Osma y Scull José Pérez Porto Manuel Portela Valladares José del Prado y Palacio Augusto Príncipe BárcenaAlberto Príncipe Bárcena foi elixido deputado por Lugo o 20/03/1914 e causou baixa o 24/04/1914 e foi dado de alta como deputado por Ourense o 20/06/1914. Joaquín Quiroga Espín Leonardo Rodríguez Díaz Antero Rubín y Homent José Soto Reguera Vicente Urrutia y Errasti
Ourense Francisco Barber Sánchez Isidoro Bugallal Araújo Senén Canido y Pardo Eduardo Cobián Roffignac Luis Espada Guntín José Estévez Carrera Álvaro López de Carrizosa y de Giles Rogelio de Madariaga y Castro José María Martínez de Abellanosa y Vítores Augusto Príncipe Bárcena
Pontevedra Ángel Álvarez Mendoza Francisco de Federico y Riestra Raimundo Fernández-Villaverde Roca de Togores José Martínez Ruíz Bernardo Mateo Sagasta Echeverría Alejandro Mon Landa y Landa Mariano Ordóñez y García Raimundo Riestra y Calderón Pedro Seoane Varela Ángel Urzaiz y Cuesta Eduardo Vincenti Reguera
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eduardo Dato Mancomunidade de Cataluña Primeira guerra mundial
Categoría:1914 1914