Helena Juntunen, nada en Kiiminki (Oulu) o 9 de marzo de 1976, é unha soprano finesa.
Traxectoria Helena Juntunen naceu na pequena localidade de Kiiminki (daquela un concello independente e actualmente integrado no concello de Oulu). Aos 15 anos comezou os seus estudos no Conservatorio de Oulu, onde estudou con Airi Tokola. En 1996 ingresou na Sibelius-Akatemia de Helsinqui, onde se graduou tras estudar con Anita Välkki. Entre os seus mestres destacan Anita Välkki, Jeffrey Goldberg, Renata Scotto e Hartmut Höll.BBC Cardiff Singer of the World. Finland: Helena Juntunen
En 2002 gañou o Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta), e ese mesmo ano cantou o papel de Marguerite en Faust de Gounod durante o Savonlinnan Oopperajuhlat (Festival de Ópera de Savonlinna), o que se pode considerar como o inicio da súa carreira solista profesional. Logo de ter debutado na tempada 2003-04 na Connecticut Opera e en Xénova encarnando a Marguerite (Faust, Gounod) e a Madame Coretese (Il viaggio a Reims, Rossini), realizou o seu debut na Sächsische Staatsoper de Dresden encarnando a Pamina en Die Zauberflöte de Mozart. Tamén en 2003 ofreceu o seu primeiro concerto no Carnegie Hall de Nova York e posteriormente en Tokyo. En 2006 debutou no Wiener Festwochen co papel de Pamina (Die Zauberflöte, Mozart).Helena Juntunen en www.festium.fi
O verán de 2008 destacou pola súa interpretación do papel protagonista da nova ópera de Veli-Matti Puumala, Anna Liisa. Na tempada 2008-09 interpretou o papel de Liisa na ópera de Leevi Madetoja Pohjalaisia na Suomen Kansallisooppera, coa que colabora dende 1999.
Ten cantado coa maioría das grandes orquestras finlandesas e algúns dos directores máis destacados do seu país como Esa-Pekka Salonen, Jukka-Pekka Saraste, Leif Segerstam, Mikko Franck ou Osmo Vänskä.
Premios Timo Mustakallio -kilpailun (Concurso Timo Mustakallio): 2000. Tampere Grand Prix: 2001.Helena Juntunen, en Málaga en El País Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta): 2002. Karita Mattila -palkinto (Premio Karita Mattila): 2006.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Helena Juntunen en www.harrisonparrott.com Artigo sobre Helena Juntunen
Categoría:Sopranos de Finlandia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na rexión de Ostrobotnia do Norte