Germán Díaz, nado en Valladolid (Castela e León) o 13 de decembro de 1978, é un músico español residente no Arneiro (Cospeito)"En Castela non hai cultura de aldea" , entrevista en El Progreso, 31 de decembro de 2012. que destaca como zanfonista, sendo considerado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa,"La zanfona impredecible", artigo en El País, 18 de xuño de 2005 . chamado por algúns "O Jimi Hendrix da zanfona".Germán Díaz - Método cardiofónico en Cuadernos de Jazz Ao longo da súa traxectoria ten tocado en numerosos países de todo o mundo. Destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martínez.

Traxectoria esquerda|miniatura|275px|Díaz tocando a zanfona. miniatura|Concerto en Peñafiel, Valladolid (2024) Germán Díaz naceu en Valladolid en 1978, cursando os seus estudos musicais na capital castelá-leonesa na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o Curso de Posgrao de Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición. Posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, ou Valentin Clastrier entre outros.

En 1996 gañou un concurso de canto tradicional que promovía a Xunta de Castela e León, e decidiu empregar os cartos do premio en comprar no único instrumento decente que se axustaba ao seu presuposto, unha zanfona de segunda man que vendía Carlos Beceiro, do grupo folk La Musgaña. Comezou a súa formación zanfonística da man do seu tío, o etnógrafo e folclorista Joaquín Díaz, e o cantautor berciano Amancio Prada. Froito do seu labor de recompilación e difusión da música tradicional, recibiu en 1999 o premio Racimo de Oro da música.

Germán Díaz foi o único zanfonista do Estado español que pertenceu á Viellistic Orchestra, unha orquestra de zanfonas francesa integrada por algúns dos mellores zanfonistas do mundo e que desaparecería no ano 2004. Trala desaparición da agrupación francesa, Germán, formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, amais de cofundar o Symphonía Quartet, e o cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre. Ese mesmo ano creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de novos zanfonistas.

Representou a Castela e León no PopKomm de Berlín (Alemaña) en 2005, ao ano seguinte foi escollido para representar o Estado español no 27º Festival da Unión Europea de Radiodifusión celebrado en Finlandia, e en 2009 foi seleccionado pola Embaixada Española para representar ao país nas prestixiosas European Jazz Nights en Oslo (Noruega). Ese mesmo ano recibiu o premio á mellor banda sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, por Artículo 349.

O músico aparece citado na novela de Domingo Villar Ollos de auga (2006).

Foi declarado “Mellor artista 2014” polos XIV Premios Opinión (A Coruña)

Nos Premios Mestre Mateo 2018 levou o galardón á mellor música orixinal pola banda sonora de Dhogs

Discografía AnoTítuloGrupoSelo2003Zona AcústicaBaldo Martínez cuarteto acústico Xingra2003 Poesía Necesaria, IV Congeso Internacional de la LenguaDeputación de ValladolidVVAA2003El suéter de ClaudiaGermán DíazFonomusic Dro Warner2004Sin títuloRao TríoProducciones efímeras, nube 10012005Dúo de fuegoGermán Díaz e Pascal LefeuvreCDf802008Pi (o sea, Pi)Germán Díaz Producciones efímeras, nube 10012009Músicas populares de la guerra civilAntonio Bravo e Germán Díaz Producciones efímeras - nube 10012010Nube de nanas para ASPACE Varios autoresProducciones efimeras - nube 10102014Método Cardiofónico Germán DíazProducciones efímeras ‎– nube 10112014Oh Trío. Cancionero Gallego Germán DíazProducciones efímeras - nube 10122016Músicas populares de la gran guerra Brigada Bravo & DíazProducciones efímeras - nube 10122018Trece cancións bonitas Germán Díaz e Benxamín OteroProducciones efímeras - nube 1015

Colaboracións AnoTítuloGrupoSelo1995En clave de folkAlbehacaGAM1998Del romancero segovianoNuevo Mester de Juglaría RTVE1998Siete modos de guisar las berenjenasMaría SalgadoNubenegra1998BichitoCésar Cuenca Tin records1999Romances del cidJoaquín Díaz PNEUMA1999I si…?Toni XuclàMúsica Global2000Canciones Populares de SalamancaGabriel CalvoVaivén producciones2000¡¿Peroquésexto?!La CarracaLa fábrica de Ideas Música2000Andar andolaTradereLa fábrica de Ideas Música2001A ti, querido cochinoNuevo Mester de Juglaría2002Romances españolesJoaquín Díaz Tecnosaga2002De tu puerta a la míaSalmantice2002LunedaLaioMuxxic2002Tornando al abellugu'l llarBrenga AsturDro Warner2003Fronteira de cegoñasAnxo ReiArmando records2003BarruntoAcetrePromúsica2003La zanfona. La tradición Musical en España. La zanfonaTecnosaga2003TrazzeriFratelli Mancuso Openfolk2004Parsifal goes to La HabanaGateway4M2004Gran rapsodia de aires populares de galiciaReal banda de Gaitas RTVE2005DendrolatríasJoaquín DíazFactoría Autor2005Spain Where Music LivesPopkommSGAE2005Un signe en PassantMaxime PiolotAIR2005Awen Magic LandCarlos Soto e María Desbordes Resistencia2006AbrecaminosMaría Salgado2006El Evangelio según mi jardineroMartín BuscagliaLove Monk2006TangosophyGorka HermosaX-trañas grabaciones200624 rosasDiana NavarroWarner Dro2007DehesarioAcetre Nufolk2007Medina sonora, Volumen 6SUPER HÉROES2008Canciones Populares del S XVI de Francisco SalinasJoaquín Díaz CDf2008AlíMarcos TeiraAutoedita2009JaleosOrquesta nacional de jazz de EspañaSony/BMG2009El mundo no se acabaAíndaSeveral Records2009Projecto MiñoBaldo MartínezKaronte2009RecopilaciónJoaquín DíazCDf2009BenzónGuadi Galego Autoeditado2010Manual de seducciónMarful2010Abrazo-AbraçoMaría SalgadoUnión Europea, FEDER2011Desparafusador de GominolaPedro e Pablo PascualXunta de Galicia2011FolkideliaFolkideliaAutoproducido2011Fetén FeténD. Galaz e Jorge Arribas Autoproducido2011AcróbataFred Martins e Ugia PedreiraLonxa Cultural2012Vilamor BSOZeltia Montes2012BSO Damned by DespairDan Jones National Theatre, Londres2013Miniaturas de Eugenio GranellAlejandro Vargas Folque2019ImmersionGuadi GalegoAltafonte Music

Bandas sonoras Germán Díaz tamén ten composto numerosas bandas sonoras para curtametraxes, obras teatrais e documentais:

Longametraxe: Dhogs (Andrés Goteira), Gaitafilmes / Pixel Films, 2017 Spot: Fp funciona (Alex Martin), RQR, 2011. Documental sobre a obra teatral: Arte y Álbumes ilustrados (sobre a obra de Luis de Horna), A mano cultura, 2010. Obra teatral: Construcións Clementina, Dígame?, Palimoco Teatro, 2009. Curtametraxe: Os falantes (Eva Alfonso), 2010. Obra teatral: Guyi Guyi, Periferia Teatro, 2009. Obra teatral: Na(s)cer Cansado, sobre H. Michaux (Luciano Amarelo), 2009. Curtametraxe: En mi memoria (Roberto Quintanilla), 2007. Obra teatral: La Cama Voladora, Calamar Teatro, 2005. Obra teatral: La estrategia de la luz (Adriana Argenta), Azar teatro, 2005. Música para o Festival Internacional de las Artes de Castela e León, Fundación Siglo, 2005. Curtametraxe de animación: A vista é soño, Miguel Lasangre, 2005. Música para o pavillón español na Expo Aichi 2005, Nagoya (Xapón). Obra teatral: Penas x amor perdidas (William Shakespeare), Mallo de Luna Teatro, 2004. Obra teatral: Mucho ruido y pocas nueces (William Shakespeare) Regie: Lembit Peterson, 2003. Obra teatral: Yes, puede ser...? (Marguerite Duras), La Nave Teatro, 2002.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Entrevista a Germán Díaz en tomajazz (2004) Artigo "Germán Díaz - Método cardiofónico" en Cuadernos de Jazz Germán Díaz, el zanfonista ‘cardiofónico’

Categoría:Zanfonistas Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid