O ácido tetrahidrofólico (THF), ou tetrahidrofolato (ionizado), é un derivado do ácido fólico que funciona como coencima.
Metabolismo Síntese en humanos Prodúcese a partir do ácido dihidrofólico (á súa vez derivado do ácido fólico) pola acción do encima dihidrofolato redutase. Esta reacción é inhibida polo fármaco metotrexato.
É convertido en 5,10-metilenotetrahidrofolato pola serina hidroximetiltransferase.
Síntese en bacterias Moitas bacterias utilizan a dihidropteroato sintetase para producir dihidropteroato, unha molécula que carece de función no organismo humano. Isto fai que sexa unha útil diana para as sulfamidas, que compiten co precursor PABA.
Funcións O tetrahidrofolato funciona como cofactor en moitas reaccións, especialmente no metabolismo de aminoácidos e ácidos nucleicos, nas que actúa como doante de grupos cun átomo de carbono. Obtén ese átomo de carbono do formaldehido que se forma noutros procesos.PubChem compound
O metotrexato actúa sobre a dihidrofolato redutase como inhibidor e así reduce a cantidade tetrahidrofolato producido. Isto orixina escaseza de THF, que pode orixinar anemia megaloblástica.
O ácido tetrahidrofólico está implicado na conversión de ácido formiminoglutámico en ácido glutámico; isto pode causar a redución da cantidade de histidina dispoñible para as descarboxilacións e síntese de proteínas, e poden diminuír os niveis de histamina e ácido formiminoglutámico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ácido fólico
Ligazóns externas Tetrahidrofolato unido a proteínas en PDB
Categoría:Folatos Categoría:Coencimas