Joaquín Robla Díez, nado en Santovenia de San Marcos (concello de Soto y Amío, León) o 28 de abril de 1911 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1980, foi un banqueiro e político español.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca. Pertenceu a Comuñón Tradicionalista e durante a guerra prestou servizos nas delegacións de prensa e Propaganda e Frentes y Hospitales. En 1937 foi nomeado xefe da Agrupación escolar Tradicionalista de León. En 1939 foi nomeado conselleiro nacional do SEU. Ao rematar a guerra ingresou no corpo de catedráticos de Instituto. Impartiu clases nos institutos de Villablino e León. Logo do seu matrimonio en 1943 pasou a dirixir a Banca Nogueira en Ribadavia, propiedade da familia da súa muller. Foi nomeado alcalde de Ribadavia en febreiro de 1955, permanecendo no cargo até 1964. Foi deputado provincial. En 1961 foi nomeado procurador en Cortes como representante dos municipios da provincia de Ourense.
Vida persoal miniatura|O efificio da Banca Nogueira en Ribadavia. Casou en 1943 con Carmen Gómez Pérez, filla de Ramón Gómez Nogueira.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Deputados provinciais de Ourense
Categoría:Nados en Soto y Amío
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1980