O Gran Premio de Suecia de 1977 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de xuño de 1977 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo de pilotos de e o décimo Gran Premio de Suecia. A carreira disputouse sobre 72 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total de carreira de 290 quilómetros.

Resumo da carreira A carreira sueca estaba chea de expectación logo da última vitoria de Gunnar Nilsson, pero unha vez máis a clasificación, foi para o seu compañeiro de equipo Mario Andretti por diante de John Watson, e James Hunt á fronte da segunda fila. Na saída, de novo foi Watson quen lideraba na primeira curva, seguido de Jody Scheckter, pero pronto Andretti pasou aos dous e logrou certa vantaxe. Watson e Scheckter loitaban polo segundo segundo ata que chocaron, Scheckter tivo que retirarse e Watson entrou en boxes. Hunt quedou segundo, pero comezou a caer de novo e foi pasado por Jacques Laffite, e despois polo seu compañeiro de equipo Jochen Mass. Andretti, foi líder ata que tivo que entrar en boxes debido a un problema coa dosificación do combustible a dúas voltas do final, entregando o liderado a Laffite que logrou a súa primeira vitoria por diante de Mass e Reutemann.

A vitoria de Laffite no seu Ligier - Matra patrocinado por Gitanes, foi a primeira vez que un coche francés cun motor francés, apoiado por unha empresa francesa, e conducido por un piloto francés gañou un Gran Premio.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 72 1:46:56.4 8 9 2 2 Jochen Mass McLaren-Ford 72 + 8.449 segs 9 6 3 12 Carlos Reutemann Ferrari 72 + 14.369 segs 12 4 4 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 72 + 16.308 segs 6 3 5 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 72 + 18.735 segs 2 2 6 5 Mario Andretti Lotus-Ford 72 + 25.277 segs 1 1 7 22 Clay Regazzoni Ensign-Ford 72 + 31.266 segs 14 8 34 Jean-Pierre Jarier Penske-Ford 72 + 1:04.567 17 9 16 Jackie Oliver Shadow-Ford 72 + 1:22.479 16 10 8 Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 71 + 1 volta 5 11 30 Brett Lunger McLaren-Ford 71 + 1 volta 22 12 1 James Hunt McLaren-Ford 71 + 1 volta 3 13 24 Rupert Keegan Hesketh-Ford 71 + 1 volta 24 14 31 David Purley LEC-Ford 70 + 2 voltas 19 15 27 Patrick Nève March-Ford 69 + 3 voltas 20 16 25 Harald Ertl Hesketh-Ford 68 + 4 voltas 23 17 17 Alan Jones Shadow-Ford 67 + 5 voltas 11 18 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 66 + 6 voltas 18 19 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 64 Rodamiento 7 Ret 10 Ian Scheckter March-Ford 61 Transmisión 21 Ret 19 Vittorio Brambilla Surtees-Ford 52 Presión combustible 13 Ret 11 Niki Lauda Ferrari 47 Dirección 15 Ret 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 29 Accidente 4 Ret 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 7 Encendido 10 NSC 9 Alex Ribeiro March-Ford NSC 36 Emilio de Villota McLaren-Ford NSC 18 Larry Perkins Surtees-Ford NSC 33 Boy Hayje March-Ford NSC 39 Héctor Rebaque Hesketh-Ford NSC 35 Conny Andersson BRM NSC 32 Mikko Kozarowitzky March-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Jody Scheckter 32 2 Niki Lauda 31 3 Carlos Reutemann 27 4 Mario Andretti 23 5 Jochen Mass 14

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 50 2 Lotus-Ford 34 3 Wolf-Ford 32 4 McLaren-Ford 21 5 Tyrrell-Ford 14

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1977 Categoría:Gran Premio de Suecia de Fórmula 1