As eleccións xerais de España de 1918 tiveron lugar o 24 de febreiro de 1918, convocadas no medio da crise política e económica provocada pola Asemblea de Parlamentarios e a folga xeral de 1917, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso, e o partido máis votado foi o Liberal Conservador, dirixido entón por Eduardo Dato, pero as dúas faccións do Partido Liberal dirixidas por Manuel García Prieto e o conde de Romanones, en conxunto, obtiveron máis votos.
Como novidade, cabe destacar a presentación dunha Alianza de Esquerdas, formada polo Partido Reformista (9 deputados), Federación Republicana (10 escanos), Partido Socialista Obrero Español (6 escanos), Partit Republicà Català (4 escanos), Partido Republicano Radical (2 escanos), PURA (un escano), Partido Republicano Democrático Federal (un escano) e republicanos nacionalistas cataláns independentes (2 escanos), que intentaron presentar unha alternativa ao turnismo baixo a dirección de Melquíades Álvarez. Só obtivo 35 escanos, pero con certo eco en Cataluña.
Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado Alejandro Groizard. O xefe de goberno foi Antonio Maura, quen dirixiu un gabinete de concentración con conservadores, liberais e a Lliga Regionalista. O 9 de novembro foi substituído por un goberno de concentración das forzas liberais dirixido por Manuel García Prieto, pero aos 26 días dimitiu e o 5 de decembro formouse un novo goberno dirixido polo conde de Romanones, quen en xaneiro de 1919 suspendeu as garantías constitucionais. O 15 de abril de 1919 foi cesado e convocáronse novas eleccións.
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións Xerais en España, 24 de febreiro de 1918 → Partido Escanos Líder Conservadores 98 Eduardo Dato Partido Liberal 92 Manuel García Prieto Partido Liberal 43 Conde de RomanonesAlianza de Izquierdas 35 Melquíades Álvarez Conservadores 31 Antonio Maura Partido Liberal-Izquierda Liberal 29 Santiago Alba Bonifaz Conservadores 24 Juan de la Cierva y Peñafiel Lliga Regionalista 21 Francesc Cambó Comuñón Tradicionalista 8 Enrique de Aguilera y Gamboa Comuñón Nacionalista Vasca 7 Ramón de la Sota Liberales Agrarios 7 Rafael Gasset Chinchilla Liberales independientes 6 Alfons Sala i Argemí Rexionalistas (asturianos, leoneses e andaluces) 3 Católicos independentes 2 Manuel Rojas Marcos Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià Partido Integrista 1 Manuel Senante y Martínez Católicos Carlistas 1 Gervasio de Artiñano y Galdácano Independentes 3 TOTAL 412
Véxase tamén Outros artigos Restauración borbónica en España Ligazóns externas Resultados das eleccións de 1918 . Lista de deputados elixidos
Categoría:1918 1918