Giacinto Facchetti, nado o 18 de xullo de 1942 en Treviglio e finado o 4 de setembro de 2006 en Milán, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de defensa. Foi campión da Eurocopa de Fútbol de Italia 1968.
Traxectoria Comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o CS Trevigliese. No ano 1960 fichou polo Inter de Milán da man do técnico arxentino Helenio Herrera, no que desenvolvería o resto da súa carreira futbolística e converténdose nun dos mellores laterais da súa época. Entre os títulos conseguidos co equipo de Milán destacan as dúas Copas de Europa consecutivas (1964 e 1965). Na súa honra o equipo retirou o dorsal número 3.
Coa selección Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1963, disputando un total de 94 encontros e sendo capitán en 70 deles. Na súa traxectoria disputou os Mundiais de fútbol de Inglaterra 1966, México 1970 e Alemaña Federal 1974. Tamén formou parte da selección que se proclamou campioa da Eurocopa de Fútbol Italia 1968.
Trala súa retirada en 1978 exerceu diversos cargos no Inter, dende director técnico ata vicepresidente, finalmente foi escollido presidente do club no ano 2004.
Palmarés Títulos nacionais TítuloClubPaísAnoSerie AInter de Milan Italia1962/63Serie AInter de Milan Italia1964/65Serie AInter de Milan Italia1965/66Serie AInter de Milan Italia1970/71Copa de ItaliaInter de Milan Italia1977/78
Títulos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa de EuropaInter de Milan Italia1963/64Copa IntercontinentalInter de Milan Italia1964Copa de EuropaInter de Milan Italia1964/65Copa IntercontinentalInter de Milan Italia1965
Coa selección de fútbol TítuloClubPaísAnoEurocopa de FútbolSelección de fútbol de Italia Italia1968
Véxase tamén
Ligazóns externas Estatísticas do xogador ca selección de fútbol Artigo biográfico Biografía Estatísticas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Circolo Sportivo Trevigliese Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Finados en 2006 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Presidentes de clubs de fútbol Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Nados na provincia de Bérgamo