miniatura|300px|A enerxía termosolar de concentración utiliza un recurso natural como a enerxía solar, e é por tanto unha fonte de enerxía renovable. De esquerda a dereita centrais térmicas solares de torre PS10 e PS20, en Andalucía, España.
Denomínase desenvolvemento sostible ou desenvolvemento sustentábel a un concepto económico, ecolóxico e social aparecido no final do século coa constatación de que o desenvolvemento económico precisa ponderar o impacto humano por explotación dos ecosistemas e na biodiversidade coa preservación da calidade de vida das poboacións humanas a nivel global. Iso implica, por exemplo, a xestión racional e equilibrada dos recursos minerais e o uso racional dos recursos dos ecosistemas do planeta.
A idea de desenvolvemento sustentábel ten por base o principio de que o ser humano debería gastar os recursos naturais de acordo coa capacidade de renovación dos mesmos, de modo a evitar o seu esgotamento.
A súa definición é "o desenvolvemento que atende ás necesidades do presente sen prexudicar a capacidade das futuras xeracións de atender as súas propias necesidades" que se formalizou por primeira vez en 1987 no documento das Nacións Unidas coñecido como o Informe Brundtland. El derecho privado y la sustentabilidad ambiental Denominado así pola primeira ministra norueguesa Gro Harlem Brundtland, froito da Comisión Mundial de Ambiente e Desenvolvemento de Nacións Unidas, creada durante a Asemblea das Nacións Unidas en 1983. Dita definición asumiuse no Principio 3º da Declaración de Río (1992) aprobada na "Conferencia das Nacións Unidas sobre o ambiente e o desenvolvemento". É a partir deste informe cando se acatou o termo inglés sustainable development.
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable: Galicia e España Foi asinada no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas e representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.
O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 247 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten). Cos indicadores dispoñibles para Galicia e España ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística podemos facer unha avaliación para a década 2010-2019 (ano previo á pandemia da Covid-19) segundo recollemos no seguinte recadro. 20102010finalfinalINDICADORES DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL (IGE)GALICIAESPAÑAGALICIAESPAÑAIntensidade enerxética primaria (Ktep/Meur2010) (2019)150,0120,0123,0106,0Emisións de gases invernadoiro por unidades de PIB (2019)0,50,30,40,3Emisións de gases invernadoiro por habitante (2019)10,17,88,56,9Emisións efecto invernadoiro (2019, 2010 = 100)100,0100,082,088,0Viaxeiros no transporte urbano regular (2019) (% G/E)2,1100,03,5100,0Auga consumida nos fogares (litros/hab/día) (2018)131,0142,0125,0133,0Consumo auga sectores económicos (2018, 2010=100)100,0100,0130,093,0Poboación en vivendas inaxeitadas (2020)26,721,824,314,7Resíduos sólidos urbanos (RSU) (2018, 2010 = 100)100,0100,093,593,1Porcentaxe de RSU incinerados (2018)49,611,846,611,5Porcentaxe de RSU reciclados (2018)19,331,319,735,1 EMISIÓNS
As emisións de gases de efecto invernadoiro -que están por tras do colapso climático- tanto en relación ao PIB, como por habitante ou en volume absoluto melloran, redúcense, en Galicia entre 2010 e 2019. Pero seguimos por riba do conxunto de España nun 140 % e nun 124 % respectivamente. Téñase en conta que a referencia española media non é nada virtuosa. Referencia que tamén superamos na intensidade enerxética (consumo de enerxía por unidade de PIB). Polo lado da demanda o indicador de uso de transporte urbano colectivo fronte ao particular infórmanos de que a cota galega no total español está moi por baixo da que temos en poboación (un 3,5 % fronte a un 5,7 %).
RESÍDUOS
A cantidade de residuos xerados por persoa en Galicia está por baixo da media española e ten unha lixeira tendencia minguante. Neste caso a cualificación non é negativa. Non sucede o mesmo coa xestión dos residuos. Pois a cota de incineración é moi alta e a de reciclados moi baixa respecto do que sucede no conxunto de España. Temos unha estrutura inversa na xestión dos residuos. E hai que lembrar que o ambientalmente máis sustentable é a reciclaxe fronte a incineración.
AUGA
Nos indicadores relativos á subministración das augas Galicia acada un aprobado: un é positivo e outro negativo. É positivo o indicador de auga consumida ao día nos fogares, pois é minguante e segue a estar por baixo da cifra media española. É negativo o indicador que cuantifica a evolución dos consumos de auga non domésticos. Consumos que se reducen algo no conxunto de España mentres que en Galicia medran un trinta por cento.
SÍNTESE FINAL Nas emisións contaminantes á atmosfera Galicia, sempre verbo do conxunto de España, ten un suspenso absoluto. Na xestión dos residuos un claro suspenso. E só no consumo de auga acadamos un aprobado raspado. Nestas tres dimensións ambientais a cualificación global de Galicia da derradeira década de crecemento económico é claramente desfavorable. Trátase da década 2010-2019: dende a post crise do 2008 ao ano previo á actual crise do Covid.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Agricultura de guerrilla Globalización Pegada ecolóxica
Categoría:Economía Categoría:Ecoloxismo Categoría:Conservacionismo