Throwing Muses é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Throwing Muses, publicado en 1986 a través do selo 4AD. É o primeiro disco dunha banda dos Estados Unidos publicado por esa discográfica, que ata ese momento centrárase principalmente en grupos británicos. Este lanzamente marca un cambio na dirección do selo; un ano despois 4AD asinaría cos Pixies grazas en parte á súa conexión con Throwing Muses, e cara mediados dos 90 a meirande parte do seu catálogo procedía de grupos estadounidenses.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Throwing Muses Categoría:Álbums musicais de 1986 Categoría:Álbums producidos por Gil Norton Categoría:Álbums de 4AD Categoría:Álbums de estrea