István Nyers tamén coñecido coma Stefano Nyers, nado en Freyming-Merlebach (Francia) o 25 de maio de 1924 e finado en Subotica (Serbia) o 9 de marzo de 2005, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de dianteiro. A pesar de que só disputou dous encontros coa selección de fútbol de Hungría está considerado como un dos mellores xogadores deste país, desenvolvendo o mellor da súa carreira futbolística no Inter de Milan.

Traxectoria Naceu en Francia nunha familia de emigrantes húngaros que traballaban na minaría, aos catorce anos trasladouse coa súa familia a Budapest onde comezou a xogar no III. Kerületi TUE. Debutou oficialmente con 17 anos no Szabadkai VAC, equipo Iugoslavo que xogaba na liga húngara despois da anexión deste país da rexión ao comezo da segunda guerra mundial.

En 1944 fichou polo Zuglói GANZ e en 1945 polo Újpest FC, co que gañou a Liga húngara en 1945 e 1946. Ese último ano emigrou, fichando polo FK Viktoria Žižkov checoslovaco e polo Stade Français FC francés despois.

En 1948 fichou polo Inter de Milan onde se converteu nun dos mellores goleadores da historia da Serie A italiana. No equipo milanés proclamouse campión do Campionato italiano en 1953 e 1954, proclámandose tamén máximo goleador do campionato no seu primeiro ano no equipo.

En 1954 deixou o equipo e fichou, tras un breve paso polo Servette FC, polo AS Roma, onde militou dous anos. Ao cabo deste período fichou por diferentes equipos cataláns, FC Barcelona, Terrassa FC e CE Sabadell FC, sen chegar a disputar ningún encontro.

Finalmente retirouse en 1961, xogando en equipos menores da liga italiana.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas coa selección de fútbol Traxectoria do xogador Traxectoria do xogador

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do ŽAK Subotica Categoría:Xogadores do Budapest Honvéd FC Categoría:Xogadores do Újpest FC Categoría:Xogadores do FK Viktoria Žižkov Categoría:Xogadores do Stade Français FC Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Servette FC Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Calcio Lecco 1912 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría