Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer (Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia"Gunnar Nordahl, el mejor jugador sueco de la historia", artigo de Julio Muñoz na web Colgados por el fútbol, 24 de agosto de 2013 .. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.
Traxectoria Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.
O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.
Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.
Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50
Coa selección de fútbol Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.
Palmarés Co Degerfors IF: Máximo goleador de Suecia (1): 1943.
Co IFK Norrköping: Campión de Suecia (4): 1945, 1946, 1947 e 1948. Copa de Suecia (2) Máximo goleador de Suecia (3): 1945, 1946 e 1948.
Co AC Milan: Campión da Serie A (2): 1951 e 1955. Coppa Latina (2) Copa de Italia (4) Capocannoniere (5): 1950, 1951, 1953, 1954 e 1955.
Coa Selección de Suecia: Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1948. Máximo goleador do campionato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo na páxina web da FIFA Lista de xogadores suecos na Liga Italiana dende 1945 Goles de Nordahl coa Selección de Suecia Biografía
Categoría:Nados en Hörnefors Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Futbolistas olímpicos de Suecia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Hörnefors IF Categoría:Xogadores do Degerfors IF Categoría:Xogadores do IFK Norrköping Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Suecia Categoría:Adestradores de fútbol de Suecia Categoría:Adestradores do AS Roma Categoría:Adestradores do Karlstads BIK Categoría:Adestradores do Degerfors IF Categoría:Adestradores do IFK Norrköping Categoría:Adestradores do IF Saab Categoría:Adestradores do IK Sleipner Categoría:Adestradores do Östers IF Categoría:Adestradores do AIK Fotboll Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Suecia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1948