Dreamtime é o álbum de estrea da banda inglesa de rock The Cult, publicado o 10 de setembro de 1984 a través do selo Beggars Banquet Records. Acadou o número 2 no Reino Unido e sería certificado prata pola BPI tras vender 60.000 copias. O primeiro sinxelo, "Spiritwalker", foi número 1 na lista indie británica. Posteriormente Dreamtime foi reeditado nuns 30 países de todo o mundo.

As letras da canción "Horse Nation" están collidas case textualmente do libro Bury My Heart at Wounded Knee. "Spiritwalker" é unha referencia ao xamanismo, mentres que "Dreamtime" está inspirada polos aborixes australianos e "Butterflies" fai referencia ó baile cerimonial Hopi das bolboretas. "A Flower in the Desert" é unha reelaboración do tema de Southern Death Cult "Flowers in the Forest".

O disco inicialmente estaba a ser producido por Joe Julian, pero despois de gravas as baterías a banda decidiu sustituílo, e Beggars Banquet suxeríu a John Brand. Finalmete o traballo sería producido por Brand, pero o guitarrista Billy Duffy dixo que as pistas de batería usadas no álbum foron as que se gravaron con Julian, xa que o batería do grupo, Nigel Preston, fixérase pouco fiable nese tempo.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Ian Astbury e Billy Duffy, agás onde se indique.

Cara 1

Temas extra do CD "Bone Bag" – 3:47 "Sea and Sky" – 3:32 "Ressurection Joe" – 6:07 "Love Removal Machine" ("Peace" version) (só en Rusia e o leste de Europa) "Zap City" (só en Rusia e o leste de Europa)

Categoría:Álbums de The Cult Categoría:Álbums musicais de 1984 Categoría:Álbums producidos por Chris Kimsey Categoría:Álbums de Beggars Banquet Records Categoría:Álbums de estrea