Céltigos é un lugar da parroquia de Santiago da Veiga no concello lugués de Sarria na comarca de Sarria.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 60 habitantes (28 homes e 32 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 1999, cando tiña 112 habitantes.
En Céltigos existiu un balneario que desapareceu na década de 1960. O edificio está ocupado agora pola planta de Fontecelta. Hai un apeadoiro do ferrocarril.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santiago da Veiga
Parroquias de Sarria
Notas
Categoría:Lugares de Sarria