Íñigo López Montaña, nado o 23 de xullo de 1982 en Logroño é un futbolista español que xoga na demarcación de defensa. É irmán do tamén futbolista Jorge López Montaña. O seu club actual é o UD San Sebastián de los Reyes.

Traxectoria Comezou xogando no CD Logroñés, despois pasou polo Las Rozas CF, Atlético de Madrid B e UD San Sebastián de los Reyes antes de fichar polo AD Alcorcón, co que daría o salto ao fútbol de elite ao acadar o ascenso a Segunda División B no ano 2010.

En 2011 fichou polo Granada CF.http://futbol.as.com/futbol/2010/07/29/mas_futbol/1280354459_850215.html E no verán de 2013 fichou polo PAOK Tesalónica tras rematar contrato co equipo andaluz. Porén non atoparía sitio no equipo grego e no mercado de inverno da tempada 2013/14 foi cedido ao Celta de Vigo.http://www.marca.com/2014/01/27/futbol/equipos/celta/1390836780.html

O 31 de xaneiro de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña ata o remate da tempada.Iñigo López, novo xogador do Dépor O 28 de maio foi detido no transcurso da "Operación Oikos", na que se investigan supostos amaños de partidos e na que tamén se detivo a outros xogadores e directivos do fútbol español.

En agosto fichou pola Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes. A finais de novembro foi detido outra vez nunha nova fase da mesma operación policial.

Notas

Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1982 Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña