miniatura|Plan de ordenación municipal da cidade de Barcelona. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (abreviado PXOM) é o instrumento de planeamento urbanístico básico a nivel local en Galicia. É o instrumento polo que se planifica unha ordenación integral do territorio ou de diversos municipios. De acordo coa lexislación do Estado español e das súas respectivas comunidades autónomas, ten por obxecto o establecemento da ordenación do territorio planeado, definindo o modelo de utilización do solo a longo termo (modelo de cidade)Artigos 14 e 15 do «Reglamento de Planeamiento para el desarrollo y aplicacíon de la Ley sobre Régimen del Suelo y Ordenación Urbana» (RD 2159/1978, de 23 de xuño.). que resulta da ponderación cualitativa e cuantitativa dos datos e conclusións dos estudos previos realizados para o efecto e das diferentes alternativas de planeamento formuladas.
A ordenación integral do territorio dun ou varios concello comprende obrigatoriamente:Lecciones de Derecho Urbanístico. Eduardo García de Enterría e Luciano Parejo Alonso. Editorial Civitas, S.A. Madrid 1981. ISBN 978-84-7398-152-1. Cap. V, pax.: 259.
A clasificación do solo que vincula todo o do territorio planeado cun destino urbanístico básico así coma o correspondente réxime xurídico. A definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral da ordenación urbanística do territorio planeado, isto é as vías de comunicación principais, os equipamentos e servizos comunitarios máis relevantes e as zonas verdes ou de lecer. A fixación do programa para o desenvolvemento e execución das correspondentes previsións, así coma o período mínimo de vixencia do propio plan.
No ano 2010, só un 40% dos concellos galegos dispoñían dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (128 de 315 concellos).
Plans de ordenación urbanística en España Actualmente, e após a Sentenza do Tribunal Constitucional 61/1997, de 20 de marzo, as competencias urbanísticas están atribuídas en exclusiva ás Comunidades Autónomas:
En Andalucía e Castela e León denomínase Plan General de Ordenación Urbanística. En Castela-A Mancha, coñécese coma POM, Plan de Ordenación Municipal. En Estremadura, denomínase PGM, Plan General Municipal. En Cataluña, é o POUM, Pla d'Ordenació Urbana Municipal. En Galicia, coñécese coma PXOM, Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na Rexión de Murcia, denomínase PGMO, Plan General Municipal de Ordenación. En Euskadi coñécese coma HAPO, Hiri Antolamendurako Plan Orokorra (en galego, Plan Xeral de Ordenación Urbana). No Principado de Asturias é coñecido coma PGO, Plan General de Ordenación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ensanche Feísmo Ildefons Cerdà Lei do solo Planificación urbanística
Ligazóns externas Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia
Categoría:Urbanismo