O wadō-ryū (en ) é un estilo de karate, creado polo mestre nipón Hironori Otsuka en 1932. Constitúe unha evolución do estilo shotokan, ao que se engaden moitas técnicas do estilo yoshin-ryū de jujutsu. Creouse por causa da diverxencia entre os puntos de vista do mestre Gichin Funakoshi e de Hironori Otsuka. Debido á súa orixe, adoitase dicir que o wadō-ryū é a forma de karate con maiores características xaponesas, pois o creador xa era un recoñecido mestre de jujutsu.

O termo "wadō" significa "camiño da paz", en razón dos kanji usados: wa 和 (paz) e dō 道 (camiño). Diferénciase doutros estilos pola énfase nos movementos esquivos e nas técnicas de proxección, que son máis comúns no jujutsu e no aikido.

Kata *KataOrixeCreador1Kihon kataShotokanDescoñecido2Pinan shodanShorin-ryuAnko Itosu3Pinan nidanShorin-ryuAnko Itosu4Pinan sandanShorin-ryuAnko Itosu5Pinan yondanShorin-ryuAnko Itosu6Pinan godanShorin-ryuAnko Itosu7NaihanchiShorin-ryuLau Lai Anan8SeishanShoreiDescoñecido9KushankuShorin-ryuKushanku10ChintoShorin-ryuLau Lai Anan11BassaiShorin-ryuDescoñecido12RohaiShorinKosaku Matsumora13WanshuShorinWang ji14NiseishiShorei-ryuDescoñecido15JionShorin-ryuDescoñecido16JitteShorin-ryuDescoñecido

Notas

Categoría:Estilos de karate