miniatura|250px|Conger conger. miniatura|250px|Conger cinereus. Conger é un xénero de peixes angüiliformes, o tipo da familia dos cóngridos e da subfamilia dos congrinos, que inclúe especies mariñas serpentiformes moi comúns coñecidas como congros propiamente ditos, e que se caracterizan pola súa agresividade e voracidade.
O xénero inclúe algúns dos máis grandes membros da familia dos angüiliformes, que poden chagar até os 3 m de lonxitude no caso do congro propiamente dito. Grandes congros a miúdo foron observados polos mergulladores durante o día en partes do mar Mediterráneo, e varios congros europeos e americanos son obxecto de pesca nas costas respectivas. A historia natural da vida da maioría dos congros é pouco coñecida. Baseándose nas coleccións das súas larva (pequenos leptocáfalos), comprobouse que o congro americano (Conger oceanicus) desova no suroeste do mar dos Argazos, cerca das zonas de desova das anguías atlánticas. Unha especie de congro, Conger myriaster, é un importante peixe utilizado como alimento en Asia oriental que, a miúdo, se utiliza para preparar suxis e tempuras.Smith, D. G. (1990): "Congridae". pp. 156-167. En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 1.
Morfoloxía A lonxitude máxima descrita foi de 300 cm, cun peso máximo de 66 kg.Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark. 340 pp. Os machos son de menor tamaño que as femias, e non superan o metro e medio de lonxitude.
Teñen ocorpo cilíndrico, tipicamente angüiliforme, cunha pel sen escamas, e cunha abertura branquial, en forma de raigaña, que chega até o ventre. Carecem de aletas ventrais pero si dispoñen de aletas pectorais.
Hábitat e bioloxía Viven cerca da costa nun rango de profundidades de entre 0 e 1 171 m.Mytilineou, C., C.-Y. Politou, C. Papaconstantinou, S. Kavadas, G. D'Onghia e L. Sion (2005): "Deep-water fish fauna in the Eastern Ionian Sea·". Belg. J. Zool., 135 (2): 229-233. Encóntranse sobre fondos de rocha e area,Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. moi cerca da costa cando son xuvenís e que se desprazan cara a augas profundas cando alcanzan a idade de adultos.Maigret, J. e B. Ly (1986): Les poissons de mer de Mauritanie. Science Nat., Compiègne. 213 p.
Son voraces depredadores nocturnos de peixes, crustáceos e cefalópodos.
Reprodúcense só unha vez na vida. Maduran sexualmente a idades de entre 5 e 15 anos, tras o cal viaxan para desovar.
Toxicoloxía, ecotoxicoloxía Como depredadores, situados na parte alta da cadea trófica, estas especies forma parte daquelas que poden acumular cantidades moi grandes de contaminantes e substancias indesexábeis, a miúdo superando as normas de comercialización dos peixes, como se comprobou, por exemplo, en Francia, segundo as análises dispoñíbeis,Ifremer, 2007: Niveaux de concentration en contaminants chimiques dans les produits de la pêche côtière française atlantique (métaux, métalloïdes et composés organochlorés. Niveis de contaminantes químicos na industria pesqueira da costa atlántica francesa (metais, metaloides e compostos organoclorados)., en particular para o mercurio e monometilmercurio.
Especies
Segundo o WoRMS, o xénero Conger comprende as catorce especies relacionadas a continuación.Conger Bosc (ex Cuvier), 1817.
Porén o SIIT non recoñece á última das citadas, Conger wilsoni.
Conger cinereus Rüppell, 1830 Conger conger (Linnaeus, 1758) - o congro congro no Dicionario da RAG. Conger erebennus (Jordan & Snyder, 1901) Conger esculentus Poey, 1861 Conger japonicus Bleeker, 1879 Conger macrocephalus Kanazawa, 1958 Conger myriaster (Brevoort, 1856) Conger oceanicus (Mitchill, 1818) - o congro americano Lahuertra e Vázquez (2000), p. 103. Conger oligoporus Kanazawa, 1958 Conger orbignianus Valenciennes, 1842 - o congro arxentino Conger philippinus Kanazawa, 1958 Conger triporiceps Kanazawa, 1958 Conger verreauxi Kaup, 1856 Conger wilsoni (Bloch & Schneider, 1801)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO. Lahuerta Mouriño, Fernando, e Vázquez Álvarez, Francisco Xavier (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Angüiliformes Cóngridos Congro
Ligazóns externas Lista de especies do xénero Conger en FishBase. Conger en BOLDsystems . Contén informacións do xénero e mapas de distribución.
Categoría:Angüiliformes