John Joseph Wright, nado o 18 de xullo de 1919 en Dorchester (Massachusetts) e finado o 10 de agosto de 1979 en Cambridge (Massachusetts), foi un cardeal estadounidense, prefecto da Congregación para o Clero dende 1969 até o seu pasamento.

Biografía Primeiros anos John Joseph Wright naceu en Dorchester, Massachusetts, fillo de John e Harriet, de apelido de solteira Cokely. Logo de graduarse polo Boston College en 1931, entrou no seminario de St. John en Brighton. A finais do seu primeiro ano alí, foi enviado a Roma a estudar no Pontificio Colexio Norteamericano e na Pontificia Universidade Gregoriana. Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Boston o 8 de decembro de 1935,Almagno, 1985, p. 15. polo cardeal Francesco Marchetti Selvaggiani, entón cardeal vigairo de Roma.

Bispo O 10 de maio de 1947 o papa Pío XII nomeouno bispo titular de Aegea e bispo auxiliar de Boston.Almagno, 1988, p. 528. Wright recibiu a ordenación episcopal o seguinte 30 de xuño, de mans do arcebispo Richard Cushing.

O 28 de xaneiro de 1950 foi nomeado bispo de Worcester, e o 23 de xaneiro de 1959 bispo de Pittsburgh.

O 23 de abril de 1969 Paulo VI nomeouno prefecto da Congregación para o Clero, e creouno cardeal no consistorio do 28 de abril de 1969 co título de Cardeal-Presbítero de Gesù Divin Maestro alla Pineta Sacchetti.

Obra Libros

Outras publicacións

Distincións Foi nomeado doutor honoris causa polo Boston College en 1947, e pola Universidade de Dayton en 1963.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Cardeais creados por Paulo VI Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados no condado de Suffolk, Massachusetts Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Cardeais dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Doutores honoris causa polo Boston College Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Dayton Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Membros da Congregación para o Clero