O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival,Eurovisión 1959 Oikotimes que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra da canción neerlandesa ganadora de 1957.

Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.

Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final. Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais, pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.

Participantes Os países participantes no festival elixiron cancións por diferentes métodos, habendo eleccións internas e finais nacionais. A representante de Dinamarca, Birthe Wilke, xa fora elixida para representar ao país en 1957 con Gustav Winckler, e este ano volvía en solitario. Por outra banda, Domenico Modugno representaba a Italia por segundo ano consecutivo.

Na seguinte táboa móstranse todos os participantes e o modo no que foron elixidos:

{| class="wikitable" |- bgcolor="#CCCCCC" !rowspan=2| País e TV ! Título orixinal da canciónEurovisión 1959 Diggiloo Trush ! Artista !rowspan=2| Proceso e data de selecciónFinais nacionais de Eurovisión 1959 eurovision-spain.com |- bgcolor="#CCCCCC" ! Tradución ao galego ! Linguas de interpretación |- |rowspan=2| ARD | Heute Abend wollen wir tanzen geh'n | Alice e Ellen Kessler |rowspan=2| Elección interna |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Esta noite queremos ir a bailar | Alemán |- |rowspan=2| ORF | Der K und K Kalypso aus Wien | Ferry Graf |rowspan=2| Elección interna |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | O Calypso Real e Imperial de Viena | Alemán |- |rowspan=2| NIR | Hou toch van mij | Bob Benny |rowspan=2| Final nacional, 15-02-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Ámame, por favor | Neerlandés |- |rowspan=2| DSR | Uh, jeg ville ønske jeg var dig | Birthe Wilke |rowspan=2| Dansk Melodi Grand Prix, 12-02-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Oh, desexaría ser ti | Dinamarqués |- |rowspan=2| RTF| Oui, oui, oui, oui | Jean Philippe |rowspan=2| |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Si si si si | Francesa |- |rowspan=2| RAI| Piove | Domenico Modugno |rowspan=2| Festival da Canción de Sanremo, 31-01-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Chove | Italiano |- |rowspan=2| TMC| Mon ami Pierrot | Jacques Pills |rowspan=2| Elección interna |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Meu amigo Pierrot | Francés |- |rowspan=2| NTS| 'n Beetje | Teddy Scholten |rowspan=2| Final nacional, 17-02-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Un pouquiño | Neerlandés |- |rowspan=2| BBC| Sing, Little Birdie | Pearl Carr e Teddy Johnson |rowspan=2| A Song for Europe, 07-02-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Canta, paxariño | Inglés |- |rowspan=2| SR| Augustin | Brita Borg |rowspan=2|Stora schlagertävlingen, 29-01-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Augustin | Sueco |- |rowspan=2| SSR SRG'| Irgendwoher| Christa Williams |rowspan=2|Final nacional, 22-02-59 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Desde algún sitio | Alemán

Non todos os países que organizaron unha final nacional enviaron ao festival aos cantantes ganadores da mesma. En Suecia, Siw Malmkvist gañou a primeira edición do Melodifestivalen, chamado entón Stora schlagertävlingen'', pero a televisión sueca decidiu enviar a Cannes a Brita Borg coa canción coa que Siw Malmkvist gañou a final nacional.Suecia en el Festival de la Canción de Eurovisión 1959 eurovision-spain.com

Por outro lado, na final dos Países Baixos cada tema foi cantado por dous cantantes diferentes. A canción ganadora foi cantada por Teddy Scholten e John de Mol, sendo elixida a primeira para representar ao país.Os Países Baixos en Eurovisión eurovision-spain.com

Resultados # País Artista(s) Canción Posición Puntos 1 Jean Philippe Oui, oui, oui, oui 3 15 2 Birthe Wilke Uh-Jeg Ville Ønske Jeg Var Dig 5 12 3 Domenico Modugno Piove 6 9 4 Jacques Pills Mon Ami Pierrot 11 1 5 Teddy Scholten Een beetje 1 21 6 Gemelas Kessler Heute Abend wollen wir tanzen geh'n 8 5 7 Brita Borg Augustin 9 4 8 Christa Williams Irgendwoher 4 14 9 Ferry Graf Der K und K Kalypso aus Wien 10 4 10 Pearl Carr & Teddy Johnson Sing Little Birdie 2 16 11 Bob Benny Hou Toch Van Mij 7 9

Táboa de votos Na seguinte táboa móstranse os votos outorgados e recibidos por cada país participante no festival:Marcador de 1959 eurovision.tv {|class="wikitable" style="text-align:center; font-size: 90%" !colspan="2" rowspan="2" | !colspan="43"|Xurados |- Total

</TR> 14px|Participantes Francia 15

4 1 2 0 4 0 1 1 0 2 Dinamarca 12 0

1 1 1 0 4 1 2 2 0 Italia 9 3 0

1 0 0 1 3 0 0 1 Mónaco 1 0 0 0

0 0 0 0 1 0 0 Países Baixos 21 4 0 7 1

2 0 0 3 1 3 Alemaña 5 2 0 1 0 0

0 1 0 0 1 Suecia 4 0 1 0 0 3 0

0 0 0 0 Suíza 14 0 2 0 1 0 1 3

1 5 1 Austria 4 0 0 0 1 0 0 2 1

0 0 Reino Unido 16 1 1 0 2 5 0 0 3 2

2 Bélxica 9 0 2 0 1 1 3 0 0 0 2

A táboa está ordenada segundo a orde de actuación. </TABLE>

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Eurovisión 1959 en eurovision-spain.com Eurovisión 1959 en eurovision.tv  Letra de todos os temas participantes

1959