Xosé Landeira Yrago, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1922 e finado en Vigo o 16 de abril de 1995,"José Landeira Yrago, periodista" El País 17/4/1995 . foi un xornalista e escritor galego pertencente á Xeración La Noche.
Traxectoria Obtivo o título de xornalista na Escola Oficial de Periodismo de Madrid. Formou parte da redacción de La Noche, do que foi redactor xefe, e foi secretario da primeira xunta directiva do Padroado Rosalía de Castro, fundado o 15 de novembro de 1947. En 1951 abandonou España e foi correspondente dos periódicos Madrid e La Vanguardia no Brasil, onde foi chanceler da Embaixada de España no Río de Xaneiro. Retornou en 1964 e foi xefe de redacción, subdirector (1965-1975) e director (1975-1979) de Faro de Vigo, e director da revista Grial. Foi vicepresidente da Asociación da Prensa de Vigo e xefe do Gabinete de Prensa do Tribunal Constitucional ata a súa xubilación.
Como xornalista tivo ao seu cargo páxinas literarias e realizou estudos centrados en aspectos literarios de escritores como Guimarães Rosa, Fernando Pessoa, Lima Barreto ou Camões.
Foi un dos maiores estudosos da vida e obra de Federico García Lorca en xeral e da súa relación con Galicia en particular.
Obras Elucidário de Camões: dicionário onomástico e alusivo, 1963. Antoloxía de poesía galega. Dos devanceiros ao dezaoito, 1975. Viaje al sueño del agua: el misterio de los poemas gallegos de García Lorca, 1986. Federico García Lorca y Galicia, 1986. Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, 2012 .
Como tradutor Auto da barca do inferno, de Gil Vicente (1970), edición e adaptación ao galego.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Armando Requeixo: "O Cunqueiro xornalista, por Landeira Yrago" Criticalia, 9/4/2012.
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Faro de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes