As eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.
Data e sistema electoral As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.
Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios: Eleccións locais parciais no Reino Unido.
Día País xoves 22 de maio Países Baixos, Reino Unido venres 23 de maio República Checa (1º día), Irlanda sábado 24 de maio República Checa (2º día), Chipre, Eslovaquia, Francia (só nalgúns territorios do alén mar), Italia (1º día), Letonia, Malta domingo 25 de maio Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (resto), Grecia, Italia (2º día), Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia
Sistema electoral O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Novidades Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes: A incorporación de Croacia como estado membro en 2013 fai que esta sexa a primeira vez en que os seus cidadáns poidan escoller os seus representantes europeos. Acomodar a Croacia fixo necesario tamén axustar o repartimento de escanos. É a primeira ocasión en que os principais partidos se presentan ás eleccións cun candidato a presidir a Comisión Europea. O Tratado de Lisboa sinala que o Presidente da Comisión Europea debe de ser escollido polo Parlamento Europeo.
+ Repartimento de escanos no Parlamento Europeo Circunscrición 2009 2014Official Journal of the European Union. 2013/312/EU: European Council Decision of 28 June 2013 establishing the composition of the European Parliament. 28 June 2013 Poboaciónen 2013Eurostat. as of 1 January 2013 Habitantes / eurodeputado Alemaña 99 96 80 523 746 838.789 Francia 78 74 65 633 194 886.935 Reino Unido 78 73 63 896 071 875.289 Italia 78 73 59 685 227 817.606 España 54 54 46 704 308 864.895 Polonia 54 51 38 533 299 755.555 Romanía 35 32 20 020 074 625.627 Países Baixos 27 26 16 779 575 645.368 Bélxica 24 21 11 161 642 531.507 Grecia 24 21 11 062 508 526.786 República Checa 24 21 10 516 125 500.768 Portugal 24 21 10 487 289 499.395 Hungría 24 21 9 908 798 471.848 Suecia 19 20 9 555 893 477.795 Austria 18 18 8 451 860 469.548 Bulgaria 18 17 7 284 552 428.503 Dinamarca 14 13 5 602 628 430.971 Finlandia 14 13 5 426 674 417.436 Eslovaquia 14 13 5 410 836 416.218 Irlanda 13 11 4 591 087 417.372 Croacia — 11 4 262 140 387.467 Lituania 1311 2 971 905 270.173 Eslovenia 7 8 2 058 821 257.353 Letonia 9 8 2 023 825 252.978 Estonia 6 6 1 324 814 220.802 Chipre 6 6 865.878 144.313 Luxemburgo 6 6 537.039 89.507 Malta 5 6 421.364 70.227 total 785 751 505 701 172 673.370
Candidatos a Presidente da Comisión Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros: Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas: Martin Schulz Partido Popular Europeo: Jean-Claude Juncker Alianza de Liberais e Demócratas por Europa: Guy Verhofstadt Verdes Europeos - Alianza Libre Europea: Ska Keller e José Bové Alianza de Conservadores e Reformistas Europeos: Non presentará candidato Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica: Alexis Tsipras Europa da Liberdade e da Democracia: Grupo Europarlamentario de Non Inscritos: Non presentará candidato
Candidaturas en Galicia e España Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.
A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:
Partido Popular: Miguel Arias Cañete Partido Socialista Obrero Español: Elena Valenciano. A Esquerda Plural (IU + ICV + EUiA + ANOVA + Espazo Ecosocialista + Batzarre + FLV + OV-EV + Gira Madrid + CI-AS + EE-EI: Willy Meyer Coalición por Europa (CiU + PNV + CxG + CC + PNC e outros): Ramón Tremosa. A Esquerda polo Dereito a Decidir (ERC + NECat + Catalunya Sí) : Josep Maria Terricabras. Unión, Progreso y Democracia: Francisco Sosa Wagner. Os Pobos Deciden (Bildu + BNG + Andecha Astur + Puyalón de Cuchas + ANC): Josu Jairisti Foro de Ciudadanos (inclúe a Foro Asturias): Argimiro Rodríguez Guerra. Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía (inclúe a Ciutadans): Javier Nart Primavera Europea (Compromís + Equo + ChA + PUM+J + Coalición Caballas + Participa + PCas + SIEX): Jordi Sebastià Partido Andalucista: Pilar Távora. Extremeños por Europa (IPEX + PREX-CREX): José Luis Velilla Extremadura Unida: José María Gijón Movimiento por la Unidad del Pueblo Canario: Deyanira Tabares. Proyecto Europa (ANV + BAr + PRAO + RePo + Unió): Rubén Vañó. PREPAL: Francisco Iglesias Carreño Partido da Terra: Isaac Zas. PACMA: Laura Duarte. Los Verdes Ecopacifistas - Centro Moderado: Abelardo Lloret. Confederación Pirata - European Pirates (entre eles Piratas de Galicia): Rubén-Darío Castañé Podemos: Pablo Iglesias Turrión. Partido X: Hervé Falciani. Movimiento Red (Movimiento de Renovación Democrática Ciudadana): Elpidio Silva. Ciudadanos Libres Unidos (CiLUs): Félix Laudelino de la Fuente. Agrupación de Electores Discapacitados y Enfermedades Raras: Eduard Carreras. Escaños en Blanco: Luis Prado García. Partido de la Libertad Individual: Juan Pina. Partido Humanista: Arturo Viloria. Iniciativa Feminista: Juana Santana. Solidaridad y Autogestión Internacionalista: María Elena García San Segundo Recortes Cero (que inclúe a UCE e a Los Verdes - Grupo Verde, ademais de independentes): Nuria Suárez Hernández Alternativa Republicana: Alfonso Vázquez Vaamonde. Por la República, por la Ruptura con la UE: Antonio Criado Barbero PCPE: Carmelo Suárez Cabrera Movimiento Corriente Roja: Antonio Rodríguez Carrillo. Movimiento Social Republicano: Juan Antonio Llopart. Democracia Nacional: Luis Zapater. Falange Española de las JONS: Norberto Pico La España en Marcha (NPE + La Falange + AN + MCE): Jesús Muñoz Martínez Vox: Alejo Vidal-Quadras Roca Impulso Social (Alternativa Española + Familia y Vida + Comunión Tradicionalista Carlista): Rafael López-Diéguez
Presenza galega nas listas Partido Popular: Na candidatura figura en postos de saída Francisco Millán Mon (8), eurodeputado. O PSOE integra na súa lista en postos de saída o antigo ministro José Blanco (10). Izquierda Unida: Na candidatura figuran varios galegos. No número 5 irá Lidia Senra de Anova, e no número 7 figura Javier Couso irmán do xornalista asasinado Xosé Couso. No resto da candidatura van tamén os membros galegos de Izquierda Unida Saínza Ruíz (45) e Xosé Luis OutesSaínza Ruíz y Xosé Luis Outes, candidatos gallegos en la lista de Izquierda Unida para las europeas. (30), Carlos Lorenzo Simón (35), de Anova, e Juan Martínez García (52), de Espazo EcosocialistaEU-IU y Ecosocialistas irán juntos a las elecciones europeas. A candidatura Os Pobos Deciden, encabezada por Bildu, inclúe como socio de coalición o BNG. A cabeza de lista do BNG a estas eleccións foi a europarlamentaria Ana Miranda Paz. A candidatura de Coalición por Europa, que encabeza CiU inclúe como socio de coalición a Compromiso por Galicia. O cabeza de lista de Compromiso a estas eleccións é Paulo Carlos López, elixido nun proceso de primarias, e cinco persoas máis de CxG van na candidatura. Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía leva no seu número 31 a José Canedo Santos, quen fora voceiro de UPyD en Galicia. En Primavera Europea figura Loli Tobío, como suplente número 10, membro de Equo Galicia. A candidatura íntegra do Partido da Terra está formada por galegos, e está encabezada polo músico Isaac Zas. A candidatura da Confederación Pirata conta cun galego, Fabián Plaza (Piratas de Galicia), no número dous. Outras dúas formacións están encabezadas por galegos: a viguesa Laura Duarte lidera a candidatura do PACMA; e o viveirense Alfonso Vázquez Vaamonde, a de Alternativa Republicana.
Resultados globais europeos É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.
Grupo políticoEstadoPPES&DALDEVerdes-ALEEUE-EVNACREMELDNon inscritos EurodeputadosParticipaciónAlemaña29 (CDU)5 (CSU)27 (SPD)3 (FPD)1 (FW)11 (Grünne)1 (Piraten)1 (ÖDP)7 (Linke)1 (Tierschutzpartei)7 (AfD)1 (Familienpartei Deutschlands)1 (NPD)1 (PARTEI) 96Austria5 (ÖVP) 18Bélxica 21Bulgaria 17Croacia 11Chequia 21Dinamarca 13Chipre 6Eslovaquia 13Eslovenia 8España 54Estonia 7Finlandia 13Francia 74Grecia 21Hungría 21Irlanda 11Italia 73Letonia 8Lituania 11Luxemburgo 6Malta 6Países Baixos 26Polonia 51Portugal 21Reino Unido 73Romanía 32Suecia 20Total 751