Fray Prudencio foi un semanario publicado en Caldas de Reis entre 1897 e 1916.

Historia e características Apareceu o 4 de xullo de 1897.Diario de Pontevedra, 3-7-1897, p. 2. Publicábase os domingos. Promovido por Laureano Salgado Rodríguez. Entre os seus colaboradores figuraban José Salgado Rodríguez, Jesús Salgado de la Riva, Laureano Salgado de la Riva, Benito Seijo Salgado (co pseudónimo Platón), Joaquín Roca, Matías Roca, Arturo Sánchez, José Rey González, Vicente Carnota Pérez, Lisardo Barreiro e Enrique Amado Domínguez. Nas seccións Variedades e Galicia literaria publicou poemas en galego de Alberto Camino, Juan Gómez del Ferrol, Marcial Valladares, Francisco Añón, José Rey González e Enrique Labarta Pose. Na sección Paliques apareceron textos en prosa e poemas en castelán de Juan Manuel Pintos e Antonio de la Iglesia e outros sen sinatura. Cesou a súa publicación o de 28 de xuño de 1906.

Tivo unha segunda época a partir de setembro de 1909,La Correspondencia Gallega, 24-9-1909, p. 3. dirixido por José García Barreiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Salgado Sáenz, Luis María (27/2/2020). "Los periódicos o publicaciones de Laureano Salgado: “Paliques”. Colaboradores y conexión con el entorno de la cultura. Vicente Carnota, Enrique Amado, Enrique Labarta Pose. Laureano Salgado de la Riva"

Categoría:Prensa escrita de Caldas de Reis

Categoría:1897 en Galicia