A arandeira negraDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 Vaccinium uliginosum é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia das ericáceas.

En Galiza aparece (Vaccinium uliginosum subsp microphyllum), ás veces difícil de diferenciar da arandeira brava (Vaccinium myrtillus).

En inglés recibe o nome de black billberry.

Hábitat É nativo das rexións temperadas do hemisferio norte, a baixa altura no Ártico, e en grandes altitudes ao sur dos Pireneos, os Alpes e o Cáucaso en Europa, as montañas de Mongolia, no norte da China central e o Xapón en Asia, e a Sierra Nevada en California e as Montañas Rochosas en Utah en América do Norte.

Medra sobre solos acedos en uceiras húmidos, páramos, tundra, e no sotobosque dos bosques de coníferas, desde o nivel do mar no Ártico, até 3400 msnm de altitude no sur da gama. En Galiza atopámola nas montañas orientais.

Descrición É un gamallo caducifolio que medra decia os 10–75 cm de altura, rara vez 1 m de altura, cos talos de cor marrón (a diferenza dos talos verdes da estreitamente relacionada arandeira brava (Vaccinium myrtillus). As follas son ovaladas de 4–30 mm de longo e 2–15 mm de largo, de cor azul-verde pálido, cunha boa marxe e ápice arredondado. As flores son pendulares, en forma de urna, de cor rosa pálido e 4–6 mm de longo, producidas a mediados da primavera. O froito, o arando, é unha baga de cor azul escura-negra de 5–8 mm de diámetro, cunha polpa branca, doce e comestíbel cando está chegada a finais do verán.

Sinonimia Myrtillus grandis Bubani Vaccinium gaultherioides Bigelow Vaccinium uliginosum subsp. microphyllum (Lange) Tolm. Vaccinium uliginosum var. microphyllum Lange Vaccinium uliginosum var. nana Boiss. Vaccinium occidentale Gray Vaccinium uliginosum subsp. alpinum (Bigelow) Hultén Vaccinium uliginosum var. alpinum Bigelow Vaccinium uliginosum subsp. gaultherioides (Bigelow) S.B.Young Vaccinium uliginosum var. occidentale (Gray) Hara Vaccinium uliginosum subsp. occidentale (Gray) Hultén Vaccinium uliginosum subsp. pedris (Harshb.) S.B.Young Vaccinium uliginosum subsp. pubescens (Wormsk. ex Hornem.) S.B. Young Vaccinium uliginosum var. salicinum (Cham.) HulténSinónimos en Catalogue of life

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arando (froito) Arandeira (especie semellante) Vaccinium (xénero) Ligazóns externas

Categoría:Vaccinium Categoría:Bagas Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Taxons descritos por Linné