En probabilidade e estatística, o Teorema de Bayes (tamén coñecido como Regra de Bayes ou Fórmula de Bayes) é un resultado que evidencia a importancia das probabilidades condicionadas. É de interese para a ciencia en todas as súas ramas, xa que permite a comprensión da probabilidade de aspectos causais unha vez observados os seus efectos. Derívase dos axiomas de probabilidade.

Formulación

A regra de Bayes relaciona as probabilidades totais e de dous sucesos e e as probabilidades condicionadas e de dado e viceversa.

Formalmente, representase como:

Historia O teorema de Bayes debe o seu nome ao Reverendo Thomas Bayes (1701–1761), que foi o primeiro en mostrar como usar novas evidencias para modificar crenzas. A formulación moderna débese a Pierre Simon Laplace, que o publicou en 1812 na súa obra Théorie analytique des probabilités.

Notas

Categoría:Estatística Categoría:Probabilidade Bayes