Acción Agraria foi un periódico publicado en Buenos Aires entre 1926 e 1929.
Historia e características Subtitulado Periódico de información y fomento del agrarismo de los distritos de Puenteareas y Salvatierra (Galicia), apareceu en outubro de 1926. Dirixido por Ramón Rodríguez. De tendencia agrarista de esquerdas, foi denunciada e prohibida a súa venda en Galicia.Correo de Galicia, 26-6-1927, p. 3. En outubro de 1927 publicou un número extraordinario de dez páxinas con motivo do seu primeiro aniversario.Céltiga, 68, 25-10-1927, p. 8. O número 21 apareceu o 15 de xuño o de 1928.El Despertar Gallego, 1-7-1928, p. 1. En outubro de 1928 apareceu un número conmemorativo do seu segundo aniversario.El Despertar Gallego, 7-10-1928, p. 3. En 1929 cambiou o seu título por Acción Gallega e a partir do número 37 (25 de outubro de 1929) converteuse no "Organo de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires", continuando coa súa numeración.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Prensa agraria Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais desaparecidos