O Dólar namibio (ISO: NAD) é a moeda de curso legal de Namibia desde o ano 1993. Se abrevia normalmente co signo "$" do Dólar, ou N$ para distinguir esta moeda doutras tamén chamadas dólar. Divídese en 100 centavos.

Historia O dólar substituíu o Rand surafricano, que fora o signo monetario vixente do país mentres que estaba baixo dominio de Suráfrica. Porén, Rand segue sendo moeda de curso legal, pois o Dólar de Namibia lígase ao rand R1-N$1.

No ano 1990 empezouse a falar acerca da creación dunha moeda namibia que fose fixada á vez co Rand. O Kalahar foi a moeda proposta, pois o Deserto de Kalahari está situado en Namibia do leste, o cal pareceu oportuno nomear á moeda dese modo. O nome do Banco Central Namibia ía ser coñecido como o Banco de Reserva de Namibia. As denominacións do Kalahar previstas eran de 2, 5, 10 e 20 kalahar. (Nota: Había dous deseños diferentes para os billetes de 20 kalahar). Con todo, esta proposta non tivo éxito, pero malia iso algúns billetes de Kalahar foron impresos.

O Banco de Namibia publicou os primeiros billetes de Dólar Namibio o 15 de setembro de 1993, e durante decembro dese ano, tamén publicaron as primeiras moedas nacionais.

Dólar ou Marco? Durante a fase dos plans para a introdución dunha nova divisa nacional que substituía ao Rand surafricano, o novo Banco de Namibia emitiu unha serie de proba de moedas denominadas en dólares así como en marcos, para a consideración do ministerio de finanzas de Namibia. A decisión foi adoptar o nome "Dólar" para divísaa do país.

Había tamén series de moedas do patrón de Namibia denominadas co nome Rand cuñadas en 1990. Estas moedas pódense apreciar no catálogo de moedas "Krause's Unusual World Coins" editado en 2005.

Moedas miniatura|150px|Moeda de 5 N$ En 1993 introducíronse todas as denominacións do dólar namibio. A cuñaxe máis recente data de 2010, cando se introduciu a moeda bimetálica conmemorativa de 10 dólares de libre circulación dedicada ao 20 aniversario do Banco de Reserva de Namibia, da que se cuñaron 5 millóns de pezas.

Denominación Emisión Metal Forma Diámetro Canto Anverso Reverso Anel Centro 5 Cents 1993 Aceiro niquelado Circular Liso Escudo nacional Flora nacional 10 Cents 1993 Aceiro niquelado Circular Liso Escudo nacional Flora nacional 50 Cents 1993 Aceiro niquelado Circular Liso Escudo nacional Flora nacional 1 Dólar 1993 Latón Circular Estriado Escudo nacional Fauna nacional 5 Dólares 1993 Latón Circular Estriado Escudo nacional Fauna nacional 10 Dólares 2009 CuNi Latón Circular Escudo nacional Dr. Sam Nujoma

Os anos en que se cuñaron moedas de dólar namibio foron 1993, 1996, 1998, 2000, 2002 e 2010.

Billetes

Os billetes de dólar namibio teñen estas denominacións:

10 dólares 20 dólares 50 dólares 100 dólares 200 dólares

Notas

Véxase tamén Outros artigos Namibia Bibliografía Krause, Chester L. e Clifford Mishler (2002). Standard Catalog of World Coins: (1901–2002). Krause Publications. ISBN 0-87349-401-6. Pick, Albert (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Presente. Colin R. Bruce e Neil Shafer (eds). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.

Namibia Categoría:Moedas de Namibia Categoría:ISO 4217