Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro o 6 de abril de 1909 e finado en San Carlos-Cojedes (Venezuela) en 2001, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi elixido secretario-bibliotecario da Juventud Esperantista de Ourense en 1928.La Región, 8-12-1928, p. 1. Foi mestre en Pedrafita (A Teixeira) en 1930,El Pueblo Gallego, 14-1-1930, p. 11. e na escola de Tamallancos dende 1931.La Región, 3-1-1931, p. 1. Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborou en Escuela del Trabajo. Presentou o relatorio "El problema lingüístico de la escuela gallega" no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia celebrado en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 26-4-1936, p. 3. Foi detido e procesado con Adolfo Rodríguez Ansias acusados de inxurias ao réxime, pero a causa foi sobresida,La Región, 3-1-1934, p. 3. e o comandante militar de Ourense impúxolle unha multa de 2.000 pesetas.La Región, 4-11-1934, p. 3.La Región, 16-1-1936, p. 4.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Foi detido, pero logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade de Panamá. Publicou artigos filolóxicos na revista Universidad e dirixiu un boletín político. Trasladouse despois a Venezuela onde foi director do Colexio estatal Cojedes. Foi autor do estudo preliminar de La versificación hispanoamericana pre-modernista. Héctor Pedreáñez Trejo. Publicou baixo o pseudónimo de Dr. Iñigo sobre a erudición dos debates intelectuais entre Risco e Couceiro Freijomil.

Obras Cojedes y San Carlos en su tricentenario. Estudio original e inédito, 1978. Vida persoal

Casou en Ourense con Obdulia Noguerol Vázquez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galería de políticos republicanos Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de Panamá Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Pedrafita do Cebreiro Categoría:Nados en 1909

Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes